venres, 19 de setembro de 2014



2ª REUNIÓN OFICIAL DA COMISIÓN NEGOCIADORA DO IV CÓNVENIO COLECTIVO E DO ACORDO XERAL.

 


O 18 de Setembro os sindicatos maioritarios reunímonos coa empresa para negociar o novo convenio e o acordo xeral.

 

Despois de 7 meses desde a última reunión, a do 26 de Febreiro, CGT presentou demanda ante a Audiencia Nacional por DEMANDA DE TUTELA DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E LIBERDADES PÚBLICAS, xa que dirixentes da CSIF recoñeceran en prensa que se estaban reunindo coa empresa, é dicir: reunións á marxe das canles legais e sen a nosa presenza.  Parece que esta denuncia deu os seus froitos, xa que Correos tivo presa en desbloquear a negociación 5 días antes da celebración do xuízo que está previsto para o día 23 deste mes.

 

A xustificación que deu a empresa por demorarse tanto en convocar esta reunión, foi por mor das trabas administrativas inherentes á condición xurídica de Correos S.A.E., que está supeditada á SEPI e á Comisión de Seguimento da negociación colectiva das empresas públicas dependente da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos, do que deducimos que a directiva tenta vendernos a moto de que Correos non pinta nada neste tema, que é simbólica e por tanto irresponsable, e que este será o seu cabalo de batalla nesta negociación.

 

En todo caso amparándose na política do goberno PP, a dirección de Correos presentou un plan de guerra contra os e as traballadoras desta casa. Anunciou que non pode haber aumento na masa salarial, que o salario debe quedar suxeito a criterios de produtividade e, algo gravísimo que nos deixaría indefensos, o anuncio de que se queren cargar a ultraactividade do noso convenio aplicando a última reforma laboral.

O único compromiso de Correos que saíu da reunión, foi o de elaborar un calendario da negociación. 

 

CGT presentou as propostas que figuran na nosa plataforma reivindicativa, que se fixo extensiva a todo o colectivo de Correos, e que está publicada na nosa web e en facebook, das que podemos destacar algunha moi brevemente:

 

-Consulta ao colectivo, a través dun referendo, antes da firma de ningún acordo.

-Adscrición ao posto, localidade, unidade e quenda.

-Concurso de traslados e reaxustes locais con asignación de todas as vacantes.

-Conversión dos contratos a tempo parcial e fixos descontinuos, en indefinidos a tempo completo por estrita antigüidade.

-Bolsas de emprego con actualización pública anual e controladas por Comisións Provinciais de Contratación.

-Subidas salariais lineais até recuperar o poder adquisitivo perdido.

-Mantemento da ultraactividad no novo convenio

 

As outras OOSS ameazaron con mobilizacións se non se chegaba a algún acordo antes de fin de ano e CCOO recriminounos nun comunicado posterior que na reunión non dixésemos nada das devanditas mobilizacións. CGT é plenamente consciente da necesidade de mobilizacións para frear a goberno e empresa, pero non se deben preocupar xa que   CGT está a mobilizarse todo o ano nas diferentes provincias do estado.

 

Coa excepción de que en CGT as decisións as toman democráticamente as persoas nas asembleas das diferentes provincias. Non somos unha organización na que os "Popes" deciden por todxs sen consultar nin á afiliación nin ao colectivo, e por tanto, CGT non se situará neste aspecto ata que a nosa afiliación o decida.

 

Sabiamos que a paz social e desmobilización permanente dos sindicatos asinantes do III Convenio só serviu para envalentonar á empresa e abocarnos a esta situación que agora, ás portas dun ano de eleccións sindicais, o 2015, eles mesmos tachan de inaceptable. 

 

Alegrámonos de que por fin outras organizacións sindicais se sumen á loita polos dereitos dxs traballadorxs.

 

O que CGT ten claro, é que se unirá á loita de todas as organizacións sindicais que conten con todo o colectivo antes de chegar a acordos cruciais apoiando o compromiso dea idea de

CONVOCAR UN REFERENDUM ANTES DE ASINAR O CONVENIO.



Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde