xoves, 12 de decembro de 2013

SEMÁN POLA NOSA DIGNIDADE NO TRABALLO



Ainda que o cartaz que acompaña esta entrada é moi vello ( sigue tendo vixencia o darlle unha patada no cú ós xefes prepotentes, cobardes, trepas, e represores) , sírvenos como portada da nosa vindeira campaña "navideña" polas carterias coruñesas, das que sobre unhas ( a das Conchiñas e dos Castros) pende a ameaza da eliminación de postos de traballo que xa realizaron nas outras duas ( a do Centro  e a dos Maios), cun resultado de 17 seccións de reparto eliminadas, o cal está provocando unha sensación de inseguridade nos compañeiros de reparto, o non poder afrontar a conciencia ( como bós profesionais)  un servizo público e de calidade ante o paulatino e visibel  desmantelamento de Correos na nosa cidade.
De todo elo falaremos nas sucesivas entradas que vos iremos deitando a partires desta semán de luita, na que vos ofrecemos as actividades a realizar  : 

SEMÁN POLA NOSA DIGNIDADE NO TRABALLO

A continuación, informámosvos do calendario de actividades a realizar: 

LUNS 16

  •  Carteladas e presentación da campaña polos diferentes centros de traballo. ( Correos prohibe as asembleias sindicais perante todo o mes de decembro)
  • Reparto de información á ciudadanía.
  • As 17 h, xuntarémonos coa primeira Asociación de Veciños da Coruña, na nosa ideia de tér con todas e cada unha delas xuntanzas de traballo. Escomenzamos por MONTEALTO, a popular barriada herculina onde Correos eliminóu unha plaza de reparto en moto, que servia Adormideras.


MARTES. 17

( ADICADA @S COMPAÑEIR@S DA CARTERIA 1 DA ZONA  CENTRO )

  • Presentación e reparto individualizado da edizón de decembro da nosa publicación mensual O BUZON REBELDE.na carteria da princiipal.
  • Concentración  festiva as nove da mañán dos carteiros da Unidade de Reparto 1, da Principal de A Coruña diante do emblemático edificio de Correos. (ademáis  imos botarlle unhas panxoliñas!). 
  • Información na carteria da UR1 de seguridade no reparto.
  • Reparto de información á ciudadanía no centro.
MÉRCORES, 18

 ( ADICADA @S COMPAÑEIR@S DA CARTERIA 2 DA ZONA DOS MAIOS)

  • Presentación e reparto individualizado da edizón de decembro da nosa publicación mensual O BUZON REBELDE.na carteria dos Maios.
  • Concentración  festiva as nove da mañán dos carteiros da Unidade de Reparto 2, a carteria dos Maios  (ademáis igual que onte ,  imos botarlle unhas panxoliñas !). 
  • Información na carteria dos Maios  de seguridade no reparto.
  • Reparto de información á ciudadanía na zona dos Maios.
XOVES, 19

 ( ADICADA @S COMPAÑEIR@S DA CARTERIA 4 DA ZONA DOS CASTROS)
  • Presentación e reparto individualizado da edizón de decembro da nosa publicación mensual O BUZON REBELDE.na carteria dos Castros..
  • Información na carteria dos Castros  de seguridade no reparto.
  • Reparto de información á ciudadanía na zona dos Castros
VERNES, 20

( ADICADA @S COMPAÑEIR@S DA CARTERIA 3 DA ZONA DAS CONCHIÑAS)
  • Presentación e reparto individualizado da edizón de decembro da nosa publicación mensual O BUZON REBELDE.na carteria das Conchiñas..
  • Información na carteria das Conchiñas  de seguridade no reparto.
  • Final da campaña da carteria das Conchiñas 
  • Reparto de información á ciudadanía na zona das Conchiñas.

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde