xoves, 23 de xullo de 2015

CUADRUPLICADOS  VERGOÑENTAMENTE OS BENEFICIOS DE CORREOS A COSTA DO NOSO SACRIFICO E DAS VULNERACIÓNS NO SERVIZO POSTAL PÚBLICO

A dirección de Correos acaba de publicar o seu informe anual sobre os resultados da nosa Sociedade Estatal no ano 2014. Deste informe débense destacar dous datos fundamentais:

           A primeira conclusión que podemos sacar destes datos é que hai diñeiro. Con máis de 193 millóns de euros hai diñeiro de sobra para subir as nosas retribucións, que levan cinco anos conxeladas. Con eses cartos poderíanse facer máis de 9.500 contratos de traballo novos de duración anual . Por tanto, mente a xefatura cando nos di que hai que dobrar, rotar ou facer colindancias a diario porque non hai diñeiro para contratación, tamén mente e fai un fraude á cidadanía cando deixa sección sen repartir por a falta de contratación. A dirección elixe destinalr eses cartos a beneficios en lugar de destinalo a dar á cidadanía o servizo público de calidade que merece e en lugar de manter o persoal adecuado e ben retribuida para que sexa posible dar ese servizo de calidade.

A segunda conclusión é que seguirá habendo diñeiro no futuro, pois o Estado debe compensar aínda a Correos pola prestación do SPU con 518 millóns até 2013, máis os millóns correspondentes aos anos 2014 e 2015. Por tanto, é moi razoable que pidamos aumentos retributivos considerables na negociación do futuro Convenio Colectivo.

A terceira conclusión é que en 2014 houbo unha diminución de persoal de 1.989 persoas, non porque non fosen necesarias, senón porque a dirección entrou nunha dinámica de redución de persoal a petición do SEPI, pois se alude abertamente aos compromisos con SEPI nesta materia.

As direccións de Correos e do SEPI priorizan os beneficios empresariais, para o goce duns poucos ou para propor a rendibilidade dunha futura privatización de Correos. Aos Sindicatos de clase e aos traballadores tócanos loitar para que calquera beneficio repercuta nun mellor servizo e unhas mellores condicións de traballo. 

NA CGT ESTAMOS NISO





venres, 26 de xuño de 2015

  UN GRUPO DE TRABALLADORES DE DIFERENTES LOITAS POSTAIS E DELEGAD@S DA CGT DIRÍXENSE A BRUXELAS PARA TRASLADAR AOS EUROGRUPOS DE PODEMOS E AGE OS RECORTES E PARA DESEÑAR UN SERVIZO POSTAL PÚBLICO E DE CALIDADE PARA O FUTURO


A CGT da Coruña, dentro de un grupo de compañeirxs de todo o estado, desplazouse onte e hoxe a Bruselas convidadxs polo eurogrupo de Podemos para tratar a problemática Postal. Tamén poidemos ter unha xuntanza con Lidia Senra da Comisión de desenvolvimento Rural. Aportamos como mostra dos reiterados incumprimentos de servizo os xa máis de 600 partes de incidencia de reparto que levamos recollidos nun programa piloto da zona centro da Coruña e que demostran que Correos incumple a lei.

Dentro das xuntanzas co eurogrupo de Podemos tentamos avanzar nun acordo que permita no futuro repensar e imaxinar un novo xeito de entender os servizos públicos. Especialmente tratamos os temas do mantemento do servizo postal diario, da posibilidade de recuperar a banca pública por medio do persoal de Correos e de deter a máis que probable privatización do servizo postal.Todos estes temas dependen directamente de normativas que emerxen da UE i é aquí onde temos que intervir para que sexan modificadas. Entedendemos que estas xuntanzas foron un paso importante e saímos satisfeitos do compromiso de este grupo na defensa, mantemento e mellora no futuro do servizo postal público.

Por outra banda tivemos unha xuntanza para tratar da problemática do Correo en Galiza, especialmente no que abrangue ao correo no rural, coa Eurodiputada Lidia Senra de AGEe. Tentamos achegarlle o perigo da perda do reparto domiciliario no rural e trasladamos propostas de novas actividades para este persoal público que fortalezan os dereitos e os servizos das persoas que viven fora das cidades




Acto " Correos en Loita" aberto no europarlamento

Lidia Senra

Chegada do grupo Postal

Europarlamentarios Miguel Urban e Tania González na xuntanza de traballo

Manifestándonos na porta un día de Plenario

Rolda de Prensa conxunta

Estudando a temática do reparto Rural con Lidia Senra e compañeiros Rurais de Nafarroa

Xuntanza de traballo co eurogrupo de Podemos

Xuntanza de traballo

Na rolda de prensa, cos 600 partes de pendentes da Coruña


mércores, 17 de xuño de 2015

POLA COBERTURA DE TODAS AS PRAZAS
CONTRA O INCUMPRIMENTO DO SPU
CONTRA OS RECARGOS
CONDICIÓNS DE TRABALLO DIGNAS NO CTA


MANIFESTATE ESTE SÁBADO EN COMPOSTELA
SAÍDA 11 HORAS NA PORTA DO CAMIÑO!!

ÚNETE A LOITA POSTAL!


luns, 18 de maio de 2015

Reaxuste local (I), Cambio de Quenda na propia unidade

Lembrade que nestes dias temos en marcha un reaxuste local. A primeira das partes (na que estamos estes días ate o 22 de Maio) supón que podedes cambiar DE QUENDA DENTRO DAS PROPIAS UNIDADES (nas que haxa prazas ofertadas). Para saber estas unidades, por favor, contactade con nos no 609381811

Lembrade que dentro duns días abrirase o proceso para cambiar DE CENTRO NA PROPIA localidade. Sempre dentro da propia categoría funcional reparto a pé a reparto a pé, por exemplo.



Como sempre se tedes dúbidas, na CGT estamos á vosa disposición.

venres, 8 de maio de 2015

XA VAN 7 CONCENTRACIÓNS
DIANTE DA DIRECCIÓN DE ZONA DE COMPOSTELA PARA RECLAMAR MÁIS CONTRATACIÓN E O CUMPRIMENTO DO REPARTO  DIARIO DA CORRESPONDENCIA

O que comezou o pasado día 25 de Abril, como un acto na rúa de reparto de información sobre a intención de Correos de recortar aínda máis nas carterías de Compostela, xa leva unha semana de concentracións diarias (de 09 a 09:15) diante da porta da Dirección de Zona. Estas concentracións foron decididias en asemblea aberta polo persoal do centro.
A CGT, como non pode ser de outra maneira, está a carón de todas estas concentracións e apoiando e respaldando as reivindicacións do persoal.
Nos próximos días agardamos novas medidas que inclúan tamén as reivindicacacións do persoal do CTA de Labacolla e da unidade de reparto de Costa Vella!





HOXE, 8 DE MAIO, CANTAMOS ESTAS PEZAS REIVINDICATIVAS ACOMPAÑAD@S DE GAITA E PANDEIRETA!
 

mércores, 29 de abril de 2015

Na CGT respectamos todas as loitas, pero nen nos convidaron, nen entendemos os obxectivos (que significa "mejoras" ??), nen cremos en loitas creadas de arriba cara abaixo.... 


Aínda así se a situación se mantén e a folga se volve auténtica, con obxectivos claros, honestos e transparentes, ou ante unha agresión por parte de Correos aos/ás folguistas sexan das siglas que sexan a CGT estará onde ten que estar: a carón dos compañeiros e compañeiras!!





luns, 30 de marzo de 2015

Xa temos a imaxe oficial do novo carro de reparto. 
Veñen de ser licitados 7500 carros para todo o estado. 60 deles para a provincia da Coruña.

Como dixo unha compañeira: " fai falta ter 20 anos e ir ao ximnasio"


Desde o noso sindicato confirmamos que Correos SAE segue a insistir no camiño erróneo no que refire ao tratamento da paquetería e dos envíos voluminsos. Cremos que o camiño non é amapliar a capacidade do carriño e sobrecargar aínda máis ao reparto a pe. A CGT aposta por unha USE reforzada que dea a calidade de servizo que a sociedade demanda a Correos.


Por iso a CGT na provincia da Coruña e no resto do Estado demandou por escrito i en diferentes ocasións:


  • Retirada das instruccións de seguridade no reparto imposibles de cumprir.(petición que acompañamos por máis de 420 sinaturas de compañeir@s da provincia, sen resposta algunha)
  • Reforzo das USES e recuperación da paquetería cedida a Correos Express
  • Aplicación rigurosa do criterio volumétrico en reparto.
  • Avaliación de riscos laborais persoalizada, tal e como marca a lei antes de usar este novo modelo.


Síguenos tamén día a día en



luns, 23 de marzo de 2015


Volvimos ás marchas da dignidade a reclamar un servizo postal público, universal, de calidade e unhas condicións de traballo dignas 
https://www.facebook.com/video.php?v=387763451396694&fref=nf
Marea postal ao pasar pola casa de Correos
A pancarta da coruña cao casa de Correos ao fondo!




Na columna norte de Chamartín a Colón.
Cabeceira da marea postal

sábado, 14 de marzo de 2015

NOVO NÚMERO DO BUZÓN REBELDE!

O próximo 21 de Marzo imos a Madrid a unirnos á Marea Postal das Marchas da dignidade!!



NON QUEDES SEN PRAZA NO AUTOBÚS!


luns, 2 de marzo de 2015

ELEVAMOS AS DENUNCIAS DE INCUMPRIMENTO DO SERVIZO POSTAL UNIVERSAL AO VALEDOR DO POBO E Á COMISIÓN EUROPEA!


Seguimos coa nosa denuncia constante do incumprimento do Servizo Postal Universal.

Nos últimos días vimos como o ministerio de Fomento mira para outro lado e como a CNMC non quixo entrar no fondo da nosa denuncia (a pesar de estar o incumprimento más que acreditado...)

Co gallo do noso Pleno Estatl que eclebramos en Compostela, fixemos a denuncia ao Valedor do Pobo e nos próximos días dirixirémonos tamén á Comisión Europea. Se é necesario estudaremos a posibilidade de poñer unha denuncia na fiscalía xeral do estado á própia CNMC por prevariación e deixación de funcións. Non podemos permitir que se incumpla unha lei dunha maneira tan flagrante e ninguén faga nada!


Na foto podedes ver a Joan, Andrea, Ascen e Diego.

Aquí podedes ver o texto da denuncia:


sábado, 20 de decembro de 2014

O día 27 de Decembro manifestámonos na Coruña pola dignidade do servizo postal público e a prol dunha mellora das condicións do traballo en Correos!




Acude!
Participa na defensa do servizo público!

luns, 20 de outubro de 2014

venres, 19 de setembro de 2014



2ª REUNIÓN OFICIAL DA COMISIÓN NEGOCIADORA DO IV CÓNVENIO COLECTIVO E DO ACORDO XERAL.

 


O 18 de Setembro os sindicatos maioritarios reunímonos coa empresa para negociar o novo convenio e o acordo xeral.

 

Despois de 7 meses desde a última reunión, a do 26 de Febreiro, CGT presentou demanda ante a Audiencia Nacional por DEMANDA DE TUTELA DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E LIBERDADES PÚBLICAS, xa que dirixentes da CSIF recoñeceran en prensa que se estaban reunindo coa empresa, é dicir: reunións á marxe das canles legais e sen a nosa presenza.  Parece que esta denuncia deu os seus froitos, xa que Correos tivo presa en desbloquear a negociación 5 días antes da celebración do xuízo que está previsto para o día 23 deste mes.

 

A xustificación que deu a empresa por demorarse tanto en convocar esta reunión, foi por mor das trabas administrativas inherentes á condición xurídica de Correos S.A.E., que está supeditada á SEPI e á Comisión de Seguimento da negociación colectiva das empresas públicas dependente da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos, do que deducimos que a directiva tenta vendernos a moto de que Correos non pinta nada neste tema, que é simbólica e por tanto irresponsable, e que este será o seu cabalo de batalla nesta negociación.

 

En todo caso amparándose na política do goberno PP, a dirección de Correos presentou un plan de guerra contra os e as traballadoras desta casa. Anunciou que non pode haber aumento na masa salarial, que o salario debe quedar suxeito a criterios de produtividade e, algo gravísimo que nos deixaría indefensos, o anuncio de que se queren cargar a ultraactividade do noso convenio aplicando a última reforma laboral.

O único compromiso de Correos que saíu da reunión, foi o de elaborar un calendario da negociación. 

 

CGT presentou as propostas que figuran na nosa plataforma reivindicativa, que se fixo extensiva a todo o colectivo de Correos, e que está publicada na nosa web e en facebook, das que podemos destacar algunha moi brevemente:

 

-Consulta ao colectivo, a través dun referendo, antes da firma de ningún acordo.

-Adscrición ao posto, localidade, unidade e quenda.

-Concurso de traslados e reaxustes locais con asignación de todas as vacantes.

-Conversión dos contratos a tempo parcial e fixos descontinuos, en indefinidos a tempo completo por estrita antigüidade.

-Bolsas de emprego con actualización pública anual e controladas por Comisións Provinciais de Contratación.

-Subidas salariais lineais até recuperar o poder adquisitivo perdido.

-Mantemento da ultraactividad no novo convenio

 

As outras OOSS ameazaron con mobilizacións se non se chegaba a algún acordo antes de fin de ano e CCOO recriminounos nun comunicado posterior que na reunión non dixésemos nada das devanditas mobilizacións. CGT é plenamente consciente da necesidade de mobilizacións para frear a goberno e empresa, pero non se deben preocupar xa que   CGT está a mobilizarse todo o ano nas diferentes provincias do estado.

 

Coa excepción de que en CGT as decisións as toman democráticamente as persoas nas asembleas das diferentes provincias. Non somos unha organización na que os "Popes" deciden por todxs sen consultar nin á afiliación nin ao colectivo, e por tanto, CGT non se situará neste aspecto ata que a nosa afiliación o decida.

 

Sabiamos que a paz social e desmobilización permanente dos sindicatos asinantes do III Convenio só serviu para envalentonar á empresa e abocarnos a esta situación que agora, ás portas dun ano de eleccións sindicais, o 2015, eles mesmos tachan de inaceptable. 

 

Alegrámonos de que por fin outras organizacións sindicais se sumen á loita polos dereitos dxs traballadorxs.

 

O que CGT ten claro, é que se unirá á loita de todas as organizacións sindicais que conten con todo o colectivo antes de chegar a acordos cruciais apoiando o compromiso dea idea de

CONVOCAR UN REFERENDUM ANTES DE ASINAR O CONVENIO.



luns, 18 de agosto de 2014

Como podedes observar estamos realizando cambios no noso blogue. Rogámosvos que desculpedes as molestias que isto poda ocasionarvos! 

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde