luns 25 xaneiro 2016

 A CGT CONSOLÍDASE COMO TERCEIRA FORZA NA PROVINCIA DA CORUÑA

AUMENTANDO 2 DELEGADXS, E ACADANDO 153 VOTOS (+38 VOTOS)

GRAZAS POLO VOSO RESPALDO!




martes 19 xaneiro 2016

VOTA CGT
4 ANOS DE TRABALLO DESDE A CORUÑA, E PARA TODO O PERSOAL DE CORREOS. DEFENDENDO A DIGNIDADE NO POSTO DE TRABALLO E UN FUTURO PARA O SERVIZO POSTAL PÚBLICO

Desde a CGT queremos invitarvos a participar, a votar e non permitir que sexan outr@s as que, cos seus votos, decidan por nos quén nos vai representar. Como non pode ser de outra maneira o noso voto é totalmente libre: non ten nada que ver con estar afiliad@ a este ou a aquel sindicato. Por iso convidámoste a que decidas ás persoas que nos representarán por ti mesm@, que votes en conciencia e que non permitas ningún tipo de inxerencia á hora exercer o teu dereito ao voto.
Non escollemos nesta votación “ao noso sindicato” nin “á persoa que está no local e que nos amaña un papel algunha vez”. O que se escolle nesta data son as persoas que conformarán o Comité de Empresa (laborais) e a Xunta de Persoal (funcionari@s) que terán a obriga de nos representar diante da empresa e da cidadanía. Destas eleccións e dos seus resultados saen as horas das que dispoñen os sindicatos para ter persoas liberadas, para ter acceso aos locais, para os cartos, para negociar e asinar pactos no noso nome, etc,etc... Polo cal é importante que pensemos que tipo de representación queremos ter, por que é o noso voto o que decidirá quén e para qué utilizará estes recursos.
As persoas que conformamos a lista da CGT temos un compromiso de loita activa coa defensa dos intereses de todo o colectivo, e así o demostramos nestes anos: Poideche vernos levando a cabo asembleas informativas abertas para todo o mundo nos centros, sen ocultar ningunha información nin falar “na orella” dos “nosos”, como fan outrxs representantes.
Poideche ver as nosas denuncias constantes ante as inxustizas e as perdas de dereitos, na prensa, diante da empresa e na inspección de traballo, Poideche ver a nosa oposición frontal, clara e sen medias tintas, aos recortes e aos recargos e o noso respaldo sen condicións a todas as loitas que xurdiron dos centros na Coruña, Ferrol e Santiago. Poideche ver como non asinabamos pactos lesivos para as nosas condicións de traballo, reclamando sempre un referendo antes de calquer acordo. Poideche observar o noso traballo constante a prol das condicións de traballo no CTA. Poideche ver como levábamos adiante máis do 50% das propostas do Comité de empresa e da xunta de persoal da provincia contando únicamente con 4 de 38 representantes, como fomos o único sindicato que levou adiante denuncias pola contratación a dedo a xente de fora de bolsas...
Como levábamos a xuízo a Correos por non convocar o concurso de traslados. E para todo o mundo: por que sabedes que as persoas de CGT sempre estamos aí para axudar a quen o necesite, sen mirar o carné de ninguén…
Non nos pechamos no local utilizando as horas de liberación que nos outorgades cos vosos votos para coidar unicamente da nosa afiliación. Non nos reunimos por atrás coa empresa cada mes pactando na comisión provincial de emprego as reducións de plantilla, e amañar contratos para este ou aquela; ou permitindo a Correos incumprir todas as normas antepoñendo a nosa comodidade sindical, os cartos, as liberacións extraordinarias... Non enganamos á xente que necesita traballo prometendo traballo a cambio de afiliación para vender libros, cursos e clases, non utilizamos o sindicato como un negocio nin como unha xestoría, nin entendemos o sindicalismo como apéndice dun partido político.
Traballamos en rede co resto da CGT-Correos, coa que contamos con máis do 12% de representación estatal, impulsando accións en todas partes. Participamos nas negociacións do convenio, na mesa Sectorial, nos Comités de Saúde provincial e estatal sen ocultarvos ningunha das cousas que alí se falan. Elevamos as nosas denuncias desde abaixo a onde faga falta na defensa do servizo postal público. Logrando, por exemplo, que A Coruña sexa un exemplo de loita a nivel estatal, con máis de 1200 partes de pendentes rexistrados en 18 meses, que serviron para respaldar denuncias de non cumprimento do servizo diante da CNMC, da Comisión Europea e que actualmente están a ser investigadas pola Defensora del Pueblo. Tamén elevamos propostas en defensa do correo rural á comisión europea de desenvolvemento rural. Contactamos coas AAVV alertando das perdas e recortes de servizo e logrando que o Concello da Coruña inste a Correos a dotar de máis persoal nesa cidade, moción respaldada por todos os grupos políticos e que será levada a outros concellos e administracións.
Queremos que a voz de todo o mundo sexa escoitada, queremos que as asembleas decidan, queremos un sindicalismo feito desde abaixo, con ilusión e compromiso de traballo polo ben de tod@s.
Queremos ter cabida dentro do sector público, queremos que se recupere a plantilla perdida, que se consulte ao persoal antes de calquer acordo, por iso somos o único sindicato que reclama un referendo previo á sinatura do novo convenio...
Se queredes que sigamos traballando para vos apoiade a nosa candidatura votando CGT 21 de Xaneiro
Xunt@s podemos rachar coas mafias, cos medos, co derrotismo... e berrar, con ilusión e ben forte, que Correos ten futuro!
Asinado: Xan, Diego, Andrea, Teresa, Chus, Sangiao, Flor, Manolo, Eva, Juan, Maxi, Alfonso, Tom, Isa, Ramiro, Limeres, Rodrigo, Emilia e 70 sinaturas máis...

luns 28 decembro 2015

martes 22 decembro 2015

A RACANERÍADA DIRECCIÓN E A IMPROVISACIÓN VOVE DEIXAR A IMAXE POLO CHAN, COLAS INMENSAS E ATÉ TRES PRÓRROGAS CON ADVERTENCIA DA XUNTA ELECTORAL PARA XESTIONAR O VOTO POR CORREO

O ANO PASADO FORON OS MAÍS DE 500.000 PAQUETES NO CTI BARAJAS ESTE ANO O CAOS DOS VOTOS.

AS USES REFORZADAS CON MEDIAS XORNADAS E DOBLANDO TURNOS DE UN XEITO IMPROVISADO E CAÓTICO
O SÁBADO EXTRA ANULADO NO ÚLTIMO SUSPIRO SEN DAR NINGUNHA EXPLICACIÓN
O PERSOAL REPARTINDO AS CARTAS ELECTORAIS FORA DO HORARIO SEN COBERTURA NENGUNHA
AS OFICINAS COLAPSADAS DE PERSOAS DESCONTENTAS CO SERVIZO E O PERSOAL AO 200%
A XUNTA ELECTORAL CONCENDENDO 3 PRÓRROGAS A CORREOS CON ADVERTENCIAS INCLUÍDAS
E TODO NAS ELECCIÓNS ONDE O ESTADO MÁIS LLE PAGOU A CORREOS  48.000.000 DE EUROS!!!!!
¿¿¿A ONDE FORON ESES CARTOS????





xoves 03 decembro 2015

CELEBRADA XUNTANZA ENTRE O PERSOAL DE CORREOS, O ALCALDE DA CORUÑA E O CONCELLEIRO DE TRABALLO.
Na xuntanza participaron 15 persoas de todas as unidades de reparto da nosa cidade, tamén da USE e de atención ao cliente.
O persoal trasladou directamente as súas inquedanzas ao alcalde e ao concelleiro, que tomaron nota dalgunhas das reivindicacións eproblemáticas e ofreceron a axuda do grupo de governo municipal en todo o posible para buscar entre tod@s o mantemento do servizo público de Correos na nosa cidade co nível de calidade esixible, Por outra banda Xulio Ferreiro e Alberte Lema poideron consultar e entender máis en profundidade com funciona o servizo postal na nosa cidade e aclarar dúbidas concretas sobre diferentes bairros e zonas de reparto..
Desde o sindicato tamén entregamos copia dos máis de 1000 partes de pendentes de reparto que se recolleron na zona centro da Coruña no último ano e meio, que demostran a necesidade de dotar de máis persoal as unidades da nosa cidade. Asimesmo foron entregadas copias das denuncias elevadas desde CGT Correos A Coruña ao Ministerio de Fomento, Á comisión nacional dos mercados e da competencia, ao europarlamento, ao Valedor do Pobo e, finalmente, á Defensora del Pueblo Estatal, onde se atopa en curso actualmente.
Proximamente máis información.

 Fotos da xuntanza.

sábado 21 novembro 2015


CONCURSO DE TRASLADOS
CORREOS CONVOCA AOS ASINANTES A UNHA SEMANA DO XUÍZO DA DEMANDA POR ESTE TEMA PRESENTADA EN SOLITARIO POLA CGT

CCAA

BORRADOR CAMPAÑA NADAL E ELECIÓNS XERAIS DECEMBRO 2015

No día de onte, 20 de decembro realizouse unha xuntanza en Madrid onde presentamos alegacións a este borrador.

Preme aquí para ver o BORRADOR 

Podedes ver as alegacións que presentamos aquí:






xoves 24 setembro 2015

Breve resume das intencións de Correos sobre o exame de consolidación expostas na xuntanza de 23 de Setembro

Por destacar algo Correos insiste en calcular unicamente a antigüidade dos últimos 3 anos (desde CGT estamos radicalmente en contra de esta medida) tamén a intención de Correos en facer o exame on-line (sen aportar polo de agora máis dados). Correos tamén insiste en manter a entrevista, coa que estamos radicalmente en contra pola súa grande subxectividade. Cabe destacar que Correos pode facer esa entrevista porque está recollido no convenio actual asinado por CCOO, UGT, SL e CSif. Tampouco vemos ben o cálculo porcentual dos temas propostos (50% Temas Correos, 40 % psocotécnicos e 10% cultura xeral.)

Está aínda pendente saber a data (calculamos que nunca antes de 3 meses),e tampouco sabemos o número de prazas e as condicións laborais.

En CGT estamos traballando para poder ofertar, unha vez rematado todo este proceso negociador, os cursos puntuabeis que recoñeza a empresa. Obviamente serán de xeito gratuito, por rigoroso orde de inscripción e sen necesidade de estar afiliad@.

Por outra parte os libros terán un prezo definitivo de 10,50 euros (son 560 páxinas) que é exactamente o prezo de custe da imprenta. Queremos acabar unha vez coa mafia das academias sindicais!

QUE DI A EMPRESA
-  Reserva para discapacitad@s
- Non poderán presentarse quen non pasasen período de proba en desempeños anteriores de calquera posto ou recibir unha valoración negativa en calquera posto.
-  Recoñecemento médico e probas físicas.
- A proba un cuestionario tipo test - 50% materias Correos, 40% Psicotécnicas, 10% Cultura xeral   nun tempo de 60 minutos (75% da puntuación total)  o 25 restante sería aportado pola entrevista.
- Modalidade presencial/en liña.
- Os erros contarán negativamente.
- Para superar o cuestionario haberá que superar o 50%.
- Entrevista: que deberán superar quen superasen o exame.
- Méritos a valorar   (25% da puntuación total):
- Experiencia previa no últimos tres anos, en cada posto solicitado e en cada posto e bolsa da provincia.
- Cursos de formación (en especial produtos, atención ao cliente, adaptación positiva ao cambio, acollida e procesos de traballo, inglés, ferramentas informativas e habilidades persoais).
- Permisos de condución.
- Titulacións relacionadas co posto.

O QUE DI A CGT
-Acorde á nosa plataforma reivindicativa, CGT esixe priorizar o respecto aos dereitos do persoal fixo-descontinuo e dos eventuais.
-Que se oferte a totalidade das vacantes existentes e a recuperación dos 10.000 postos suprimidos nos últimos anos.
-Reposición automática do 100% dos postos de traballo que queden vacantes durante a vixencia do IV Convenio
-Fixación por escrito da plantilla estructural de Correos e recuperación da RPT (relación postos de traballo)
- Convocatoria de reaxuste local con oferta transparente de todas as prazas
- Convocatoria do Concurso de Traslados con oferta transparente de todas as prazas
- Recuperar a R.P.T. (Relación de Postos de Traballo)
- Convocatoria de novas bolsas de traballo, máis transparentes, abertas e xustas.

Desacordo total coa realización de entrevistas persoais no período de selección, remarcar que ccoo, ugt, csif e sl, no seu día apoiaron esta medida e por iso consta no convenio colectivo actual, e é sobre o convenio no que se basea a empresa para presionarnos con este tema

Seguiremos informando!

venres 18 setembro 2015

CORREOS ANUNCIA NOVO PROCESO DE CONSOLIDACIÓN

Como xa levamos varios días informando nos nosos medios de comunicación Correos ven de confirmar que ten prevista unha proba de consolidación de emprego temporal inminente.

No comunicado que tedes abaixo podedes ampliar esta información.

Nesa xuntanza a CGT esixiu, por escrito, (ver entradas anteriores) que as prazas sexan para tempo completo i estábeis- Recordamos que levamos perdidos máis de 16000 postos de traballo nos últimos meses.

Durante o día de onte 17 e hoxe 18, a CGT está a preparar o material necesario para que poidades preparar, se o desexades, esta proba. Este material (temario actualizado, cursos on-line...) estará disponíbel para todo o mundo, sexa afiliad@ ou non.

Na semana que ven teremos máis información que poremos á vosa disposición nos nosos cauces de información habituais.



NON AGUARDES QUE CHO CONTEN DE OIDO,
ANÓTA-TE XA NO NOSO FORO DE WHATSAPP, XA SOMOS MAIS DE 250 PERSOAS AS QUE RECIBIMOS DE ESTE  XEITO INMEDIATO E GRATUITO A INFORMACIÓN! SE NON DISPÓS DE ESTE MEDIO PODES ENVIAR UN MAIL AO ENDEREZO DE SEMPRE:
cgtcorreosacorunha@gmail.com




martes 15 setembro 2015

Hoxe día 15/09/2015  reúnese a mesa de negociación do IV convenio colectivo de Correos.
Podedes ver o documento que presentamos para esta xuntanza esixindo, entre outras cousas, a derogación do sistema actual de contratación, a apertura inmediata dun proceso de entrada para o 100% dos postos de xeito transparente e igualitario, actualización do suplido dos rurais e/ou aportación de vehículo por parte de Correos, a recuperación do poder adquisitvo dos últimos anos...
A CGT negocia con luz e taquígrafos e con documentación por diante!

Proximamente toda a información desta xuntanza! 
Consulta o documento presentado clicando na imaxen:



luns 07 setembro 2015

A CGT ESIXE A INMEDIATA APERTURA DAS BOLSAS DE CONTRATACIÓN A NIVEL ESTATAL!

Debido á extensión da contratación irregular (que xa afecta a máis de 10 provincias) a CGT esixe o fin de estas prácticas e a inmediata apertura dunha nova convocatoria das bolsas de contratación á toda a cidadanía!!

Tamén na nosa provincia vimos de envíar unha escrita urxente ao director de Zona para que busque responsabilidades sobre este xeito de contratar a dedo e propoñéndolle solucións alternativas.

Carta esixindo a apertura inmediata de bolsas



luns 31 agosto 2015

DENUNCIADA A INSPECCIÓN DE TRABALLO A CONTRATACIÓN IRREGULAR NESTE VERÁN!

NON CALAMOS, NON CONSENTIMOS, NON MIRAMOS PARA OUTRO LADO, NON POÑEMOS EXCUSAS... 
AQUÍ TEDES A PRIMEIRA FOLLA DA DENUNCIA PRESENTADA NO 31/08/2015 :


mércores 26 agosto 2015

VOLVE O ENCHUFISMO

NÚMERO ESPECIAL DO BUZÓN REBELDE!



Correos está a contratar xente "a dedo",  alegando que non hai ninguén dispoñible nas bolsas en toda a provincia. Fai isto por medio dun procedimento totalmente opaco e irregular. Esta posibilidade non foi comunicada a toda a cidadanía, tal como debería ser nunha empresa pública, senón a unhas cantas persoas achegadas. Ademais co coñecimento necesario e silencio dos sindicatos asinantes que forman parte das comisións provincias de emprego!



preme na imaxe para entrar:


 

mércores 12 agosto 2015

xoves 23 xullo 2015

CUADRUPLICADOS  VERGOÑENTAMENTE OS BENEFICIOS DE CORREOS A COSTA DO NOSO SACRIFICO E DAS VULNERACIÓNS NO SERVIZO POSTAL PÚBLICO

A dirección de Correos acaba de publicar o seu informe anual sobre os resultados da nosa Sociedade Estatal no ano 2014. Deste informe débense destacar dous datos fundamentais:

           A primeira conclusión que podemos sacar destes datos é que hai diñeiro. Con máis de 193 millóns de euros hai diñeiro de sobra para subir as nosas retribucións, que levan cinco anos conxeladas. Con eses cartos poderíanse facer máis de 9.500 contratos de traballo novos de duración anual . Por tanto, mente a xefatura cando nos di que hai que dobrar, rotar ou facer colindancias a diario porque non hai diñeiro para contratación, tamén mente e fai un fraude á cidadanía cando deixa sección sen repartir por a falta de contratación. A dirección elixe destinalr eses cartos a beneficios en lugar de destinalo a dar á cidadanía o servizo público de calidade que merece e en lugar de manter o persoal adecuado e ben retribuida para que sexa posible dar ese servizo de calidade.

A segunda conclusión é que seguirá habendo diñeiro no futuro, pois o Estado debe compensar aínda a Correos pola prestación do SPU con 518 millóns até 2013, máis os millóns correspondentes aos anos 2014 e 2015. Por tanto, é moi razoable que pidamos aumentos retributivos considerables na negociación do futuro Convenio Colectivo.

A terceira conclusión é que en 2014 houbo unha diminución de persoal de 1.989 persoas, non porque non fosen necesarias, senón porque a dirección entrou nunha dinámica de redución de persoal a petición do SEPI, pois se alude abertamente aos compromisos con SEPI nesta materia.

As direccións de Correos e do SEPI priorizan os beneficios empresariais, para o goce duns poucos ou para propor a rendibilidade dunha futura privatización de Correos. Aos Sindicatos de clase e aos traballadores tócanos loitar para que calquera beneficio repercuta nun mellor servizo e unhas mellores condicións de traballo. 

NA CGT ESTAMOS NISO





Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde