sábado, 30 de abril de 2011

PRIMEIRO DE MAIO. FESTIVIDADE DOS TRABALLADORES





O 1º de Maio é unha data especialmente simbólica para a clase traballadora de todo o mundo. Con ela lembramos e recuperamos a heroica loita dos traballadores asasinados pola patronal en Chicago en demanda da xornada de oito horas, aló polo ano 1886.


Hoxe, no 2011, temos que seguir aínda con máis contundencia, porque o ataque que estamos a sufrir por parte do capital recorda o salvaxismo patronal de épocas que algúns crían xa pasadas.


A clase traballadora, as clases populares, os colectivos sociais máis desfavorecidos, o pobo, sufrimos en primeira liña a explotación laboral e social, o despoxo dos dereitos máis básicos, a exclusión, a precariedade, a temporalidade, a marxinación, o paro... nun sistema capitalista xestionado polos gobernos e políticos profesionais, e sostidos pola patronal, as grandes multinacionais e un sindicalismo institucional que nos vende miserablemente por catro migallas.


Están degradando e recortando todo tipo de dereitos laborais, sociais e sindicais. Hoxe hai cinco millóns de parados e os que traballamos temos que facelo máis horas para cobrar menos, temos que traballar máis anos para ter dereito a unha pensión máis pequena, obrígannos a asinar contratos en branco podendo botarnos á rúa libremente e sen indemnización, e os poucos convenios colectivos que se asinan eliminan as cláusulas que poñían freo ás falcatruadas e abusos das empresas.
Non podemos seguir aturando que a política económica e antisocial a pacten Zapatero e o seu goberno cos grandes empresarios deste país, como se fosen os donos das nosas vidas.


Os homes e mulleres da CGT, dicimos non a esta sociedade violenta e agresiva. Non a esta sociedade separadora, racista e xenófoba. Non a este sistema consumista e desarrollista que antepón os intereses privados duns poucos, as plusvalías, a competitividade, a produtividade, aos dereitos humanos e á propia vida, que acepta a sinistralidade laboral como algo natural e que utiliza ás persoas como simples mer-cancías.
Dicimos non a un sistema económico e social que mantén unha lexislación laboral que castiga co paro a todo o que se move en defensa dos seus dereitos, aínda dos máis básicos, que impón o medo entre os traballadores e que reprime a todo aquel que non acepta ser pisoteado por uns empresarios cada vez máis cobizosos e voraces.
Para a CGT é a hora de tomar a palabra e a hora de pasar á acción para construír unha sociedade xusta e libre. É a hora da mobilización social e laboral para que sexamos os traballadores e as traballadoras os protagonistas do noso futuro. Chegou a hora da rebelión.

martes, 19 de abril de 2011

Correos impide dias de liberación a delegados de persoal de CGT de A Coruña





ACABEMOS NÓS MESMOS COAS TENSIÓNS NOS NOSOS CENTROS DE TRABALLO!!!

Por prohibición expresa da Dirección Primeira de Correos a podernos liberar mañán dia 20 de abril, vémonos forzados de novo a adiar a asemblea que tiñamos solicitada para ese mesmo dia 20 na Carteria de Ferrol, e a visita á oficiña de Fene, na que tiñamos programada unha concentración de protesta ante a actitude despótica e prepotente do XEFE DE CARTERIA DE FENE.


Témosvos que dicer , para que así vos conste, que solicitáramos cambio de liberación con a debida antelación, asi como tamén a petición de que a contratación que se fai por nós, repercuta directamente no noso posto de traballo, evitando así o recargo que sufren os nosos compañeiros de distrito cada vez que nos liberamos, o non estar a persoa contratada pola nosa ausencia suplíndonos como reza a legalidade vixente.


Como é obvio, estamos estudando posible denuncia xudicial por este feito consumado por parte da Empresa de seguir boicoteándonos a acción sindical que escomenzara prohibíndonos a entrada nas Oficiñas de Lugo, escamoteándonos e entorpecéndonos a entrega do material de escritorio,(chegando incluso a chamar a Seguridade cando solicitábamos que nos indicara un defecto da fotocopiadora) e agora mesmo a negarnos os mismísimos dias de liberación.


...Cando non intentarán impedirnos con algunha argucia legal a nosa presencia nas eleccións sindicais.

Mais o que todos sacamos en consecuencia é ... que lles molestamos, e que imos polo bó camiño!!

Mais, pensamos que todo obedecéu a que forzaron por todolos medios que a CGT non se persoara no asunto de Fene e moito menos que fixera campaña na rua ( dende unha concentración a elaboración de pasquines por toda a Vila) ... polo tanto, a CGT en vista de esta dinámica, infórmavos:


PRIMEIRO.- Compañeiros de Ferrol : pregámosvos disculpedes de novo a nosa ausencia.Non ides quedar sen Asambleia e a conseguinte explicación do III Convenio Colectivo.


SEGUNDO.- Compañeiros de Fene: o conflicto suscitado ahí polo comportamento do voso xefe de cartería está a piques de solucionarse.
Asi que pregamos a ese señor e ós seus superiores que fagan realidade os acordos tomados hoxe , que coa mediación da máxima autoridade da Zona Primeira en canto a Relacións Laborais, quedaron patentes nise senso ; mais compre pola sua parte un xesto engadido que pasa por eliminar para sempre toda clase de denuncia. Só así pódese garantir a paz efectiva e duradera, xunto a concordia que todos desexamos para cada centro de traballo.

TERCEIRO.- Non podemos cada dia vivir a tensión no traballo cando podemos tér nas nosas máns a solución para cambia-las cousas.

CUARTO.- Por todo elo, a CGT dá unha moratoria para que todo se arregle e haia unha convivencia total, e que se trate a xente coa dignidade que todos merecemos.


Por parte nosa e da nosa xente , entendemento non há faltar. Somentes quédalles os que mandan que cumplan a sua palabra dada.

mércores, 6 de abril de 2011

Qué terá o pesebre que todos o queren!!!



Un bonitiño e franco horizonte revélase no noso futuro laboral. Este pasado martes dia cinco os CUATRILLIZOS ( SINDICATO LIBRE, CSI-CSIF, UGT e ( como non!) CCOO,decidiron sentarse a comer na mesa do PATRÓN, sentenciando o noso futuro laboral, despreciando consultar ó colectivo, E ASINANDO OS ACORDOS LABORAIS DA EMPRESA ÁS SUAS ESPALDAS.

Non entendemos a afiliación destes “cuatrillizos entes”, como poden estar dacordo con semellante comportamento.

Seguramente prevalecéulles o non quedar fora das das Comisións de traballo do desenrolo deste Convenio e do reparto das pelas que , con o pretexto da formación, dará-lles a Empresa a cambio deste acordo con a estratexia total da Empresa, e dos seus futuros silencios ante futuros feitos e desmanes de Correos que seguirán raiando a ilegalidade , e que con ese silencio cómplice, quedarán impunes.

CCOO, SL , CSI-CSIF: Faltáchedes á vosa palabra dada no G6, firmando daquela con CGT aqueles puntos irrenunciables….. cos que conseguiramos levantar as esperanzas de todolos traballadores deste País.

Dónde quedóu pois a vosa palabra? ( si é que a tedes!!)

E UGT?... UGT sempre foi por libre a sua bola, a partir un piñón con a Empresa, a vertirse de etiqueta e garabata…… sendo como é O SINDICATO DOS XEFES!!!


SINDICATO LIBRE, CSI-CSIF, CCOO, UGT; habedes escrito unha páxina dentro da nosa moderna historia postal. Unha páxina sentenciadora e definitiva.

ALÁ ELES!!!

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde