sábado, 25 de febreiro de 2012

MANIFESTACIÓN CGT-CUT do 24 de Febreiro contra a REFORMA LABORAL do REXIMEN polas ruas de A CORUÑA. MANIFESTO.



MANIFESTO CONXUNTO DA CUT E DA CGT DA CORUÑA ANTE A REFORMA LABORAL


Coa colaboración dos gobernantes e partidos políticos, lacaios do capital máis cobizoso e coa pasividade cómplice dos sindicatos institucionalizados, a situación da clase obreira non fai máis que empeorar: máis de cinco millóns de traballadoras e traballadores están no paro (240.000 en Galicia), case dous millóns de familias teñen todos os seus membros sen traballo e están condenadas á miseria e á exclusión social, centos de milleiros están perdendo as súas vivendas, trece millóns de traballadores teñen ingresos anuais inferiores aos 12.000 euros, conxelación das pensións, posta en mans privadas e espolio do patrimonio de todos, os gobernos están recortando a educación e a sanidade públicas e prodúcese a agresión salvaxe á natureza, ao medio ambiente e á saúde das persoas.
Como solución, os políticos só teñen unha receita: hai que apertarse o cinto. Pero nese apertarse o cinto nunca pensan no deles ou no dos poderosos; sempre son os máis débiles e desprotexidos os que teñen que facer o esforzo, mentres que os de sempre seguen gozando dos privilexios acadados co sangue e a suor do resto.
Tamén nos dicían que o cambio de goberno nos ía axudar a saír do pozo, pero xa sabemos que estes que agora están no machito non darán un só paso que non lle veña imposto polo capitalismo máis voraz, que é quen realmente ten o mando. A proba témola na nova Reforma Laboral, unha reforma que permite que os empresarios decidan eles sos canto nos van pagar, que horarios imos ter, que traballos teremos que facer e que lles permite despedirnos libremente.
A cuestión é moito máis profunda; as raíces do problema están nun sistema económico e social podre no que a maioría está dominada por unha minoría, un sistema no que o seu fundamento é a explotación dos máis polos menos, un sistema depredador e cobizoso no que a destrución dos recursos naturais é a base do crecemento económico, un sistema no que os medios de produ-ción e consumo están en mans dos grupos de privilexiados. Por iso, calquera reforma que non ataque as raíces do problema non será máis que un parche para que este sistema de iniquidade continúe.
Para a CGT e maila CUT, só a transformación radical do sistema e a construción dunha sociedade xusta e igualitaria é a loita que paga a pena emprender: unha sociedade sen opresores e oprimidos, sen privilexios, con xustiza social, cunha distribución xusta e equitativa do traballo e da riqueza e coa utilización racional dos recur-sos.
Por isto a CUT e a CGT mobilízanse e fan un chamamento aos traballadores e á sociedade en xeral para que non se deixe arrebatar as conquistas que aínda nos quedan e que manifeste na rúa que xa estamos fartos de tanto ladrón, de tanto vividor e de tanto explotador e que non nos conformamos con recoller as migallas que sobran dos seus banquetes.
A mobilización é imprescindible e soamente se é contundente podemos chegar a deter os plans do capital de roubarnos os dereitos que nos quedan. A necesidade dunha Folga Xeral é evi-dente, pero non unha Folga Xeral de patacón que finalice antes de comezar, non unha Folga Xeral de pacotilla convocada para saír nos periódicos, non unha Folga Xeral que non sexa máis que un paripé para xustificar unha nova traizón. Por iso, estamos pola convocatoria du-nha Folga Xeral que paralice realmente o país e que non se deteña ata acadar os obxectivos marcados. Calquera convocatoria que se faga desde outras bases está abocada, premeditadamente, á derrota e a desmobilización social interesada. Por isto, compañeiras e compañeiros, chamamos á mobilización permanente ata conseguir a derrogación desta nova agresión.

VIVA A LOITA OBREIRA!
POLA DERROGACIÓN DA REFORMA LABORAL!
CONTRA AS AGRESIÓNS DO CAPITAL, MOBILIZACIÓN E FOLGA XERAL!

Manifestación CGT-CUT -1





Manifestación CGT-CUT. 24 Febreiro . Un convidado de excepción



Efestivamente; acompañóunos todo o traxecto o mesmo Presidente da Desfeita ( perdón) do Goberno, don Mariano Rajoy Brey; quen ademáis de declarar que tal e como él vaticinaba, haberá Folga Xeral, non dubidóu en amenazar ós asistentes con xestos inócuos e mordaces cunha texoura de grandes proporciones,  que ia abrendo e pechando todo o camiño apuntando ás partes baixas dos asistentes, namentras mascullaba : " CHAS, CHAS, CHAS"!

Manifestación CGT-CUT 24 Febreiro. Saida dende a Plza Portugal da Coruña



Manifestación CGT-CUT 24 Febreiro . - 4




manifestación CGT-CUT 24 febreiro. O sindicato de Correos presente!!



Manifestación CGT-CUT 24 Febreiro 2012 - 6



Chegada á Subdelegación do Goberno de A Coruña

venres, 24 de febreiro de 2012

MANIFA contra recortes de CGT-CUT do 24 de Febreiro 2012 . segunda parte



http://www.blogger.com/display?blogID=4155734103558734088&mode=layout&pageToken=APq4FmDlhHbG8RSlciFBcScQ5Ze3whRKAnVqQ_xmdNBIQr8JQpkmBYbUtZzalTneaI4pH5ecyskK_ajC8TkbtbXwt9iPFZ0s6ziHyG_yKQRIWQjTl7sGwZ8%3D&security_token=AOuZoY7zl8kKkj1HkEDMqXcqcH89ASieVA:1327524657269

SEGUNDA PARTE. A LECTURA DO MANIFESTO. ( Perdoade polo son!!!)

P2240047.AVI MANIFESTACIÓN CGT-CUT POLAS RUAS CORUÑESAS



http://www.blogger.com/display?blogID=4155734103558734088&mode=layout&pageToken=APq4FmDlhHbG8RSlciFBcScQ5Ze3whRKAnVqQ_xmdNBIQr8JQpkmBYbUtZzalTneaI4pH5ecyskK_ajC8TkbtbXwt9iPFZ0s6ziHyG_yKQRIWQjTl7sGwZ8%3D&security_token=AOuZoY7zl8kKkj1HkEDMqXcqcH89ASieVA:1327524657269


CADA DIAS SOMOS MÁIS!!!! Manifestación CGT-CUT de hai tres horas.

xoves, 23 de febreiro de 2012

Almodovar x Garzón



http://www.blogger.com/display?blogID=4155734103558734088&mode=layout&pageToken=APq4FmDlhHbG8RSlciFBcScQ5Ze3whRKAnVqQ_xmdNBIQr8JQpkmBYbUtZzalTneaI4pH5ecyskK_ajC8TkbtbXwt9iPFZ0s6ziHyG_yKQRIWQjTl7sGwZ8%3D&security_token=AOuZoY7zl8kKkj1HkEDMqXcqcH89ASieVA:1327524657269

martes, 21 de febreiro de 2012

BOLSAS DE EMPLEO ( aclaraciones)



Repetimos lo anterior matizando quizás un poco más. Bien, como sabéis, con fecha 17 de febrero y con un retraso considerable, Correos ha procedido a la publicación de las Bolsas de Empleo definitivas. En ellas figuran los candidatos que pasan a formar parte de la Bolsa, ordenados según la puntuación obtenida. Aparecen publicadas en la intranet corporativa Conecta y en la página web de Correos (www.correos.es).
En ambas páginas los interesados podrán consultar de manera individual su situación en las Bolsas de Empleo introduciendo su NIF/NIE. Las situaciones en las que podrán encontrarse los interesados serán las siguientes:
1.
Admitido: en este caso al candidato se le mostrará la bolsa o bolsas de empleo en las que ha sido incluido, indicándose el puesto, número de orden y puntuación. Igualmente, se mostrarán, de forma separada, los servicios rurales en los haya sido admitido con los requisitos específicos de cada servicio rural (tipo de jornada, vehículo, local).
2.
Excluido: se indicará la causa de dicha exclusión siendo, en todo caso, la falta de alguno de los requisitos previstos en las Base 5 de la convocatoria.
3.
No obtiene plaza: en función de la puntuación y número de plazas asignadas a cada bolsa.
Los criterios de ordenación y desempate se realizan en función del apartado 8 de las bases de la convocatoria. No obstante, si persistiera el empate, se establece como criterio objetivo de desempate la primera letra del primer apellido, siendo está la “U” y en el supuesto de que el primer apellido sea igual se aplicará el citado criterio al segundo apellido.

Los solicitantes que hayan quedado admitidos en bolsas, deberán acreditar, en el momento de efectuarse la contratación, los requisitos y méritos valorados para su inscripción en bolsa. En caso contrario, quedarán decaídos de aquellas.

Si tenéis algún contratiempo, dadnos un toque.

SALIERON LAS BOLSAS DEL MIEDO!!!!




Se han publicado las bolsas definitivas de empleo temporal, la ordenación de los trabajador@s se ha realizado en función de la puntuación obtenida por l@s candidat@s, si hubiera empate se sigue el criterio de la primera letra del primer apellido siendo la U la letra inicial. Durante el periodo de adaptación seguirán vigentes las bolsas del 2008, pero cuales son las lindeces que contempla el III Convenio Colectivo sobre su funcionamiento y posterior gestión :


 Se mantiene el nefasto sistema de rotación antiguo y solo se estudiaran fórmulas que eviten la rotación excesiva y la corta duración de las contrataciones.

 Se comprometen a reducir la tasa de temporalidad, pero lógicamente si no hay contratos este objetivo se conseguirá si o si.

 Se ofertaran contratos a tiempo completo o parcial.

 Se excluye de la posibilidad de formar parte de estas listas a quienes hayan sido despedidos disciplinariamente aunque el despido fuera improcedente.

 Decae de las listas quien habiendo sido llamado dos veces durante seis meses no acepte el contrato ofertado por estar de baja por enfermedad.

 La empresa podrá realizar reconocimientos médicos en cualquier momento a los candidatos inscritos en las listas. Con los resultados de apto, no apto o no apto temporal, se valorará su posible continuidad de acuerdo con su capacidad psicofísica a través de un reconocimiento médico entendemos que de pizarrín.

 Se mantienen los requisitos para el personal rural de aportar local con la ridícula ayuda de 20€ al mes.

EN DEFINITIVA: QUIEREN TRABAJADORES FIELES A LO QUE VOECENCIAS QUIERAN MANDAR; LA AMENAZA DE LA CALLE PESARÁ SOBRE LA CABEZA DE CADA UNO... LA REPRESIÓN DIRECTA AVALADOS POR ESAS BASES TAN EXTRAÑAS.

QUE SEPÁIS QUE LA CGT TIENE DENUNCIADO EN EL JUZGADO ESTA AUTÉNTICA ABERRACIÓN DE ACUERDO BOLSAS DE EMPLEO!!!!! BOLSAS DEL MIEDO!!!

que vivan los estudiantes- violeta parra



http://www.blogger.com/display?blogID=4155734103558734088&mode=layout&pageToken=APq4FmDlhHbG8RSlciFBcScQ5Ze3whRKAnVqQ_xmdNBIQr8JQpkmBYbUtZzalTneaI4pH5ecyskK_ajC8TkbtbXwt9iPFZ0s6ziHyG_yKQRIWQjTl7sGwZ8%3D&security_token=AOuZoY7zl8kKkj1HkEDMqXcqcH89ASieVA:1327524657269

FACEMOS UN ALTO PARA SOLIDARIZARNOS CON LOS ESTUDIANTES DE VALENCIA Y EN CONSECUENCIA CON TODOS LOS ESTUDIANTES DE TODO EL ESTADO. SON NUESTRO FUTURO. SON NUESTRA ESPERANZA.
QUE VIVAN LOS ESTUDIANTES!!!

domingo, 12 de febreiro de 2012

PRIMER ANIVERSARIO DEL SECUESTRO DE NUESTRO LOCAL SINDICAL





Nos han agraviado con esta medida y lo seguirán haciendo con las que le vengan en gana, tal su prepotencia al saberse arropados por TODODIOS QUE COMULGA CON ESTE SISTEMA CORRUPTO, junto con aquellos que les ayudan en sus tareas de instaurar "esa empresa moderna" y con aquellos que les lavan la ropa sucia como La Abogacia del Estado, los Sindicatos UGT, CCOO, CSIF, Sindicato Libre ( y alguno más que nos sigue mirando como competidores) a la hora de borrar del mapa a CGT.

Nos han quitado el Local Sindical, y con él , toda la documentación sindical de primer orden que teniamos y necesitabamos para problemas puntuales y urgentes, que ahora tendrán que esperar.

Sabian que en nuestro local sindical estábamos centralizando un enorme archivo con toda la historia de CGT-CORREOS-CORUÑA.

Lo sabian, puesto que tenian informes de la abundante documentación que transportábamos cada mes en mochilas y bolsas, junto con nuevos equipos informáticos.

Pero no podian consentir que CGT se implantara en SANTIAGO tal y como lo hemos hecho en A CORUÑA.

Las tácticas empleadas son parecidas a la de los Yankis a la hora de invadir un pais: se criminaliza y después se actúa.

Y así lo han hecho: nos han tratado como a vulgares delincuentes controlandonos todo lo que pasabamos de puertas adentro, y se han aprovechado de una lectura parcial y sesgada de las Leyes para obrar como siempre por su cuenta.

Por supuesto, contando con el silencio cómplice de la totalidad del aparato sindical de A Coruña.

EL PASADO DIA 11 SE HA CUMPLIDO EL PRIMER ANIVERSARIO DE ESTA VIOLACIÓN DE LA LIBERTAD SINDICAL.

Y nosotros seguimos diciéndoles muy alto, claro y fuerte que NO!!

Podrán seguir quitándonos herramientas de trabajo, podrán seguir ninguneándonos frente a sus compinches, podrán seguir calumniándonos....

Pero sabrán que enfrente, se encontrarán con UN SINDICATO COMO LA COPA DE UN PINO , no con una pandilla de cortesanos como los que se han instaurado ACOJONADAMENTE en sus faldones.

SEÑORES DE CORREOS:

LA CGT , siempre tendrá algo de lo que ustedes Y SUS LACAYOS carecen:

DIGNIDAD!!!

martes, 7 de febreiro de 2012

ENVALENTAMENTOS ( de Don Galaico ó Capital Alemán)




Pois resulta que a Don Galaico se lle déu por ir avanzando o que nos vai vir dentro duns meses... xa se sabe dende sempre ... GALIZA É DIFERENTE!!!

Mais hainos que non se farán de rogar, vendo as iniciativas de Don Galaico e do seu curmán Don Butifarrez, aló polas inquedas terras cataláns.

Non, non imos personalizar , porque todos sabemos que a xentiña que colleron os
( quasi) mandamáis de CORREOS ( O CAPITAL ALEMÁN) son fieles criaturas ó servizo do que manda (O CAPITAL ALEMÁN), e obececen ser rechistar os seus mandados.

Porque o que temos claro é que unha nai non putea os seus fillos, non si?
Daquela, porqué se empeñan en da-la imaxe de que CORREOS ANDA A PUTEAR OS SEUS EMPREGADOS???

Sentímolo, mais isto non nos casa. Non o comprendemos.

Mais o que sí comprendemos moi ben é que non é CORREOS quen putea os seus traballadores... é o seu Centro Directivo, ( CAPITAL ALEMÁN?) plagado de personaxes chegados da empresa privada, lúcidos e expertos en políticas empresariais agresivas quenes están rachando a nosa histórica empresa postal por órdenes dos seus patróns, que o fin de contas,( CAPITAL ALEMÁN) foron os que os puxeron nas poltronas directivas.

Mais o que sí comprendemos moi ben é que os que arestora gobernan a nosa empresa, alpetrechados e atrincherados no CENTRO DIRECTIVO non son outros que os esbirros ó servizo dos seus novos amos ( O CAPITAL ALEMÁN???), que perderon a sua propia estimación personal xunto co seu medo a perder o seu status de poder dentro da empresa.

Baixo esa premisa, compañeiros; SÍ NOS SAEN AS CONTAS. CARALLO SI SAEN!!!

O penoso de esta historia son os SINDICATOS CCOO, UGT, CSI-CSIF e SINDICATO LIBRE, que asinando o Convenio e outras cousiñas segredas ( CAPITAL ALEMÁN??) están vendendo o noso futuro.... Ó CAPITAL ALEMÁN?????

luns, 6 de febreiro de 2012

Unhas propostas indecentes e discriminatorias do DON Galaico e a sua cuadrilla.




ATEMCIÓN, XENTES TRABALLADORAS DE CORREOS: QUE NA VINDEIRA VIRÁN POR NÓS!!!


O goberno de Feijóo xa presentou o anteproxecto de lei de "medidas no emprego público". Este anteproxecto, como xa se viña anunciando, contén unha serie de medida que non son máis que un ataque aos servizos públicos e aos seus traballadores. Son as seguintes:

1.- Os empregados que estean de baixa por continxencias comúns non percibirán ningún complemento sobre o que paga a Seguridade Social ata o día 21 da baixa. Non cobrarán nada os tres primeiros días e percibirán o 60% entre o cuarto e o vixésimo día. A partir do día 21 cobrarán o 100%. É unha discriminación con respecto aos empregados que estean en mutuas de funcionarios (Mugeju ou Muface, que cobrarán o 100% durante varios meses. Tampouco está claro como se vai aplicar aos laborais, que teñen recoñecidos os complementos por convenio colectivo.


2.- Suspéndese o Fondo de Acción Social, agás a axuda a persoas que teñen dependentes ao seu cargo, cunmáximo de 180 euros ao mes. A suspensión é "sine die" e supón un ataque aos compañeiros que teñan situacións de necesidade que ata agora estaban paliadas por este fondo (gafas e prótese, estudios fillos, etc.).


3.- Modifícase a posibilidade de permanecer no servizo activo despois da idade ordinaria de xubilación, xa que pasa a ser renovable cada ano e pode ser denegada en función de parámetros como "razóns organizativas derivadas da planificación do emprego público". Isto quere dicir que se vai xubilar xente que quere seguer traballando, pero non para poñer outro na súa vez senón para amortizar o posto de traballo. O gasto traspásase á Seguridade Social ou a Clases Pasivas, en forma de pensión.


4.- Redúcese o número de días de asuntos particulares de 9 a 6. Isto quere dicir que traballaremos máis días polos mesmos cartos. Non se considera isto redución salarial?


5.- Suspéndese o plus de altos cargos. Non se establece ata cando. É o doce co que nos queren coar o resto de medidas.


6.- Establécese a semana laboral en 37 horas e 30 minutos, como media. Non sabemos como afectará a disposición ao horario de verán.


7.- Habilítase ao Consello da Xunta a reducir a xornada dos interinos e dos laborais temporais ata nun tercio da xornada normal, é dicir, ata cumprir 25 horas semanais. É unha terrible medida discriminatoria para estes colectivos, sen xustificación ningunha. Que lonxe quedan aqueles tempos nos que Feijóo chegou a ser membro dunha Xunta de Persoal en representación dunha agrupación de interinos que loitaba contra a discriminación!


8.-Suspéndese parcialmente varios artigos do Convenio para o Persoal Laboral: o 19 (descansos e festivos), o 29 (dereito a comedor) e a Disposición Adicional 3ª (descansos en Nadal e Semana Santa). Machácase o dereito á negociación colectiva do persoal laboral.


9.- Adaptaranse as convocatorias, con carácter retroactivo, dos postos de traballo que estean pendentes de procesos de consolidación de emprego, de xeito que non sexan ofrecidos en ningún proceso de provisión.


Estas medidas son un ataque directo contra dereitos adquiridos polos traballadores públicos e o unico que conseguirán con elas será o deterioro xa visible nos servizos. Os empregados públicos estamos xa fartos de ser monecos de pim-pam-pum deste fato de desafogados e non imos quedar nin calados nin quedos.

mércores, 1 de febreiro de 2012

PLAN DE PENSIONES DE CORREOS. NO LES SIGAS EL JUEGO!! PLÁNTATE TU TAMBIÉN!!!



YA QUE CORREOS FALTA A SU PALABRA DE APORTARTE A TU PLAN DE PENSIÓN LOS APALABRADOS 30 €. TÚ TAMBIÉN TIENES EL DERECHO DE NO APORTAR NADA. NO CAIGAS DE PRIMO.
TE ADJUNTAMOS MODELO DE REQUERIMIENTO A HABILITACIÓN. OJO, QUE ESTOS NO SON TONTOS!!





Al Sr. Jefe de Habilitación de Correos y Telégrafos de A Coruña






Don/dona ____________________________________________________

Con DNI ____________________ NIP ____________________________

emplead@ de Correos y partícipe del Plan de Pensiones de Correos y Telégrafos , a la vista del cese de aportaciones al referido Plan por parte de Correos,


LE REQUIERO para que a partir del dia de la fecha , deje de efectuarme los descuentos que en mi nómina se venían realizando como aportaciones del partícipe ; ello, tanto en las cuantías obligatorias 9 €/mes, como en las aportaciones voluntarias. ¬¬_________ €.


Sirva así este escrito, para hacer valer mi inalienable derecho sobre el destino que deseo dar a las percepciones salariales que me corresponde percibir mensualmente.


Sin más, le saludo.



En __________________ a :_____ de _____________________ de 2012







Firmado

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde