xoves, 30 de xaneiro de 2014

Relato dun peculiar acto de conciliación no TSJ da Coruña



Hoxe tivo lugar o agardado acto de conciliación e xuizo pola non conformación dos Comité de Empresa e da Xunta de Persoal en Correos da Coruña... despóis de dous anos de andar sen eles.

Como vimos decindo asambleia en asambleia por tódolos centros de traballo da nosa provincia, a non constitución da Xunta de Persoal para persoal Funcionario e do Comité de Empresa para o persoal laboral por parte dos delegados elexidos nas derradeiras eleccións sindicais  ,dalle alas a Correos para que faga e desfaga con total impunidade o que se lle antolle, e máis nestos tempos de desmantelamento do servizo público na nosa provincia, que para iso teñen que tér as mans libres!!

De feito,  RECORDADE QUE as eleccións sindicais son para elexir entre todos ós nosos compañeiros máis adecuados  formar estos Comités, esenciais para poder facer valer os dereitos e intereses da nosa clase traballadora en Correos, sen ir moi lonxe, eiquí, na Coruña.

O tér  todavia sindicatos que dubidan isto ou simplesmente que non  os queren conformar, os definen completamente; deixando entrevér a sua vontade de "partir un piñón coa Empresa"... e sabe Deus que máis cousas...  non sei a vós, a nós parécenos literalmente unha estafa a clase traballadora de Correos.

Mais hoxe, parece que os ABOGADOS de CIG, CCOO, CSIF e UGT chegaron a un acordo: 

 - ¿Constitución inmediata dos Comités?

 - Pois non señor!!!

"Solicitaron a suspensión do xuizo, "toda vez, que están en vias de chegar a un acordo" para o vindeiro 27 de marzo.

¡ Manda carallo !

Déronlle mais marxen para que Correos faga e desfaga ó seu antollo implantando eiqui e quitando aló seccións de reparto ó seu capricho e  ás suas medidas, e máis nestes dias nos que queren asentar o desmantelamento programado en Coruña,  Santiago e resto da provincia coruñesa!!!  ...

...E que nos resignemos e acostumbremos ós novos deseños das suas novas seccións de reparto… cun plazo contado para ese “acostumbramento”  sen ( previsiblemente) revisión de erros, antes de voltar ó de antes (recargos salvaxes e movilidade a “tutiplén”).

Ocurriron máis anécdotas escandalosas, incompetentes e vulgares, mais imolas calar , o menos, de momento.


Vaites!!  por deus , que carallo de  xente!!!.... que lles darán?


Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde