xoves, 23 de xullo de 2015

CUADRUPLICADOS  VERGOÑENTAMENTE OS BENEFICIOS DE CORREOS A COSTA DO NOSO SACRIFICO E DAS VULNERACIÓNS NO SERVIZO POSTAL PÚBLICO

A dirección de Correos acaba de publicar o seu informe anual sobre os resultados da nosa Sociedade Estatal no ano 2014. Deste informe débense destacar dous datos fundamentais:

           A primeira conclusión que podemos sacar destes datos é que hai diñeiro. Con máis de 193 millóns de euros hai diñeiro de sobra para subir as nosas retribucións, que levan cinco anos conxeladas. Con eses cartos poderíanse facer máis de 9.500 contratos de traballo novos de duración anual . Por tanto, mente a xefatura cando nos di que hai que dobrar, rotar ou facer colindancias a diario porque non hai diñeiro para contratación, tamén mente e fai un fraude á cidadanía cando deixa sección sen repartir por a falta de contratación. A dirección elixe destinalr eses cartos a beneficios en lugar de destinalo a dar á cidadanía o servizo público de calidade que merece e en lugar de manter o persoal adecuado e ben retribuida para que sexa posible dar ese servizo de calidade.

A segunda conclusión é que seguirá habendo diñeiro no futuro, pois o Estado debe compensar aínda a Correos pola prestación do SPU con 518 millóns até 2013, máis os millóns correspondentes aos anos 2014 e 2015. Por tanto, é moi razoable que pidamos aumentos retributivos considerables na negociación do futuro Convenio Colectivo.

A terceira conclusión é que en 2014 houbo unha diminución de persoal de 1.989 persoas, non porque non fosen necesarias, senón porque a dirección entrou nunha dinámica de redución de persoal a petición do SEPI, pois se alude abertamente aos compromisos con SEPI nesta materia.

As direccións de Correos e do SEPI priorizan os beneficios empresariais, para o goce duns poucos ou para propor a rendibilidade dunha futura privatización de Correos. Aos Sindicatos de clase e aos traballadores tócanos loitar para que calquera beneficio repercuta nun mellor servizo e unhas mellores condicións de traballo. 

NA CGT ESTAMOS NISO





Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde