luns, 25 de xaneiro de 2016

 A CGT CONSOLÍDASE COMO TERCEIRA FORZA NA PROVINCIA DA CORUÑA

AUMENTANDO 2 DELEGADXS, E ACADANDO 153 VOTOS (+38 VOTOS)

GRAZAS POLO VOSO RESPALDO!




martes, 19 de xaneiro de 2016

VOTA CGT
4 ANOS DE TRABALLO DESDE A CORUÑA, E PARA TODO O PERSOAL DE CORREOS. DEFENDENDO A DIGNIDADE NO POSTO DE TRABALLO E UN FUTURO PARA O SERVIZO POSTAL PÚBLICO

Desde a CGT queremos invitarvos a participar, a votar e non permitir que sexan outr@s as que, cos seus votos, decidan por nos quén nos vai representar. Como non pode ser de outra maneira o noso voto é totalmente libre: non ten nada que ver con estar afiliad@ a este ou a aquel sindicato. Por iso convidámoste a que decidas ás persoas que nos representarán por ti mesm@, que votes en conciencia e que non permitas ningún tipo de inxerencia á hora exercer o teu dereito ao voto.
Non escollemos nesta votación “ao noso sindicato” nin “á persoa que está no local e que nos amaña un papel algunha vez”. O que se escolle nesta data son as persoas que conformarán o Comité de Empresa (laborais) e a Xunta de Persoal (funcionari@s) que terán a obriga de nos representar diante da empresa e da cidadanía. Destas eleccións e dos seus resultados saen as horas das que dispoñen os sindicatos para ter persoas liberadas, para ter acceso aos locais, para os cartos, para negociar e asinar pactos no noso nome, etc,etc... Polo cal é importante que pensemos que tipo de representación queremos ter, por que é o noso voto o que decidirá quén e para qué utilizará estes recursos.
As persoas que conformamos a lista da CGT temos un compromiso de loita activa coa defensa dos intereses de todo o colectivo, e así o demostramos nestes anos: Poideche vernos levando a cabo asembleas informativas abertas para todo o mundo nos centros, sen ocultar ningunha información nin falar “na orella” dos “nosos”, como fan outrxs representantes.
Poideche ver as nosas denuncias constantes ante as inxustizas e as perdas de dereitos, na prensa, diante da empresa e na inspección de traballo, Poideche ver a nosa oposición frontal, clara e sen medias tintas, aos recortes e aos recargos e o noso respaldo sen condicións a todas as loitas que xurdiron dos centros na Coruña, Ferrol e Santiago. Poideche ver como non asinabamos pactos lesivos para as nosas condicións de traballo, reclamando sempre un referendo antes de calquer acordo. Poideche observar o noso traballo constante a prol das condicións de traballo no CTA. Poideche ver como levábamos adiante máis do 50% das propostas do Comité de empresa e da xunta de persoal da provincia contando únicamente con 4 de 38 representantes, como fomos o único sindicato que levou adiante denuncias pola contratación a dedo a xente de fora de bolsas...
Como levábamos a xuízo a Correos por non convocar o concurso de traslados. E para todo o mundo: por que sabedes que as persoas de CGT sempre estamos aí para axudar a quen o necesite, sen mirar o carné de ninguén…
Non nos pechamos no local utilizando as horas de liberación que nos outorgades cos vosos votos para coidar unicamente da nosa afiliación. Non nos reunimos por atrás coa empresa cada mes pactando na comisión provincial de emprego as reducións de plantilla, e amañar contratos para este ou aquela; ou permitindo a Correos incumprir todas as normas antepoñendo a nosa comodidade sindical, os cartos, as liberacións extraordinarias... Non enganamos á xente que necesita traballo prometendo traballo a cambio de afiliación para vender libros, cursos e clases, non utilizamos o sindicato como un negocio nin como unha xestoría, nin entendemos o sindicalismo como apéndice dun partido político.
Traballamos en rede co resto da CGT-Correos, coa que contamos con máis do 12% de representación estatal, impulsando accións en todas partes. Participamos nas negociacións do convenio, na mesa Sectorial, nos Comités de Saúde provincial e estatal sen ocultarvos ningunha das cousas que alí se falan. Elevamos as nosas denuncias desde abaixo a onde faga falta na defensa do servizo postal público. Logrando, por exemplo, que A Coruña sexa un exemplo de loita a nivel estatal, con máis de 1200 partes de pendentes rexistrados en 18 meses, que serviron para respaldar denuncias de non cumprimento do servizo diante da CNMC, da Comisión Europea e que actualmente están a ser investigadas pola Defensora del Pueblo. Tamén elevamos propostas en defensa do correo rural á comisión europea de desenvolvemento rural. Contactamos coas AAVV alertando das perdas e recortes de servizo e logrando que o Concello da Coruña inste a Correos a dotar de máis persoal nesa cidade, moción respaldada por todos os grupos políticos e que será levada a outros concellos e administracións.
Queremos que a voz de todo o mundo sexa escoitada, queremos que as asembleas decidan, queremos un sindicalismo feito desde abaixo, con ilusión e compromiso de traballo polo ben de tod@s.
Queremos ter cabida dentro do sector público, queremos que se recupere a plantilla perdida, que se consulte ao persoal antes de calquer acordo, por iso somos o único sindicato que reclama un referendo previo á sinatura do novo convenio...
Se queredes que sigamos traballando para vos apoiade a nosa candidatura votando CGT 21 de Xaneiro
Xunt@s podemos rachar coas mafias, cos medos, co derrotismo... e berrar, con ilusión e ben forte, que Correos ten futuro!
Asinado: Xan, Diego, Andrea, Teresa, Chus, Sangiao, Flor, Manolo, Eva, Juan, Maxi, Alfonso, Tom, Isa, Ramiro, Limeres, Rodrigo, Emilia e 70 sinaturas máis...

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde