CRONICA DUNHA XORNADA DE LOITA CONTRA OS ACOSOS NO TRABALLO
8:20 H. Entramos os membros da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa na carteria da sucursal 4 de A Coruña,nun ambente xá coñecido de silencio total, onde o medo respirase e a a tensión provocada polo enrarecemento das relacións persoais é unha realidade dura de asumir pero tristemente real.
No tablón sindical estaba o comunicado –curiosamente pasado por rexistro y dirixido a propia Jefatura e os traballadores- do Sindicato Libre,que con seis puntos explicativos, non se adhería a esta protesta. Estaba subrayado con rotulador fosforescente.
Igualmente pasóu con a UGT, aunque o seu representante no-lo confirmóu persoalmente en este tempo, pois aparecera fugazmente po-la cartería denantes da asembleia.
Na cartería estaba de visita o Xefe de Distribución, seguro que para darlle ánimos o Xefe da Cartería, que mesmo desaparecéu un chisco antes de escomenzar a asembleia.
Repartimos entre os compañeiros unha folla informativa do qué facer no caso de sufrir calqueira tipo de actuación contraria a dereito por parte do teu xefe superior.
8:30 h.- Escomenzóu a asembleia o Presidente da Xunta de Persoal , Miguel da CIG onde clarificóu e definíu o acoso como tal, diferenciando o acoso propiamente dito e o que non o é, xunto con a definición do caldo de cultivo que se forma para que estas lacras teñan onde expandirse.
De seguido tomóu a palabra o Segredario da Xunta de Persoal, Camba da CGT, o cál fixo un percorrido pola estrategia de Correos tanto sobre o acoso como polas medidas de tensión provocadas polos excesos de mando dos seus responsables.
Camba definíu socialmente as carterias afectadas en tres grupos: os palmeros, prepostos a favoritimos a cambio do seu apoio a represión, (non hai represor sin palmeros) , os sanos, que forman un grupo sensible e solidario, mais reducido, pero que non se doblega ante esas lacras, e a maioría silenciosa. A teima da dirección é ir trasvasando xente desa maioría ó grupo dos palmeros o mesmo tempo de ir menguando a forza dos sanos a base de reparto indiscriminado das cargas de traballo, represións, medos , etc. Asemade, Camba trazóu unhas liñas de defensa contra estas lacras, incidindo en que os representantes necesitaremos do colectivo á hora de defendelos ante calquér agresión futura unha información precisa e veraz (dia, hora e frases do acosador) para poder actuar, actuación que se expresará en diversos frontes: oficialmente ante os organismos pertinentes e a utilización dos medios e dos conductos expresivos de carácter interno. Cada traballador provincial de Correos tén que saber e coñecer quenes están tratando mal os seus compañeiros.
Camba foi interrumpido por varias persoas afíns que criticaron a nosa presencia con argumentos fora de contexto, que tiñeron contestación precisa por parte dos representantes.
9:00 h.- De seguido escomenzóu a concentración acompañandonos varios membros de carteria, cos que con orgullo compartimos a pancarta feita para a ocasión e que sintetiza que “os represores, prepotentes e chulos , fora de Correos!!”.
Estivemos coreando consignas nesa longa media hora -20 minutos para os compas de carteria- . Tamén contamos con a presenza da xente que estaba de baixa por depresión.
Otra moita non pudo vir, mais constatamos a solidariedade de carterías coruñesas que nese tempo estiveron en espíritu alí mesmo connosco.
Miguel, o Presidente fora entrevistado nas mesmas portas de cartería por 4 periodistas, algúns deles en directo.
3 cámaras estiveron todo o tempo rodando as incidencias da concentración.
As nove e media da mañán, despóis da lectura dun comunicado, déuse por finalizado o acto, que calificamos de moi positivo , tanto polas asembleias, como pola concentración ( que fora moi combativa) como pola notable afluencia dos medios informativos.
As fotografías publicarémolas mañán martes no blog dos Comités. A sua dirección:
http://xuntacomitecorreoscoruna.blogspot.com/
Para finalizar tal e como comentáramos na asembleia, nunca unha acción nosa tan curta tivo tanta resonancia na Coruña, e tanto removéu nos interiores da camarilla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario