xoves, 3 de setembro de 2009

REPOSTEMOS OS RECARGOS CON ORGANIZACIÓN - 2



... E A ORGANIZACIÓN TERÁ QUE DARSE SINDICALMENTE CON UNHA RESPOSTA CONSECUENTE CON A QUE ELES NOS LEVAN PEDINDO DENDE HAI ANOS, E QUE VAI PARELLA O QUE PROPOÑEMOS Á COORDINADORA GALEGA DOS DELEGADOS DE CORREOS CONTRA OS RECARGOS.

... E A ORGANIZACIÓN ENTRE O COLECTIVO TÉN QUE DARSE ESTABLECENDO UNHAS NORMAS DE TRABALLO QUE A CONTINUACIÓN DETALLAMOS:

O primeiro é solicitar instruccións ó teu xefe inmediato, él/ela son ós responsábeis, e deberían indicarche o seguinte:

• Os certificados, IPCs, reembolsos, xiros, etc, vánche describir a tua ruta de reparto cada día. Daquela deseña ti mesm@ o teu plan diario de percorrido(que por forza variará diariamente, dependendo do servizo asegurado), dálle prioridade a aqueles portais onde teñas un IPC, un certi , un reembolso, etc.

• Recorda que ás 14 horas tés que cortar para regresar á oficina e saír da mesma ó finalizar o teu horario de traballo.

• Si te atopas atascad@, sabendo que che vai ser imposible dar todo o barrio, media hora antes, (13:30 por ejemplo), dedícate exclusivamente a dar todo el servicio asegurado, e IPCs priorizándoo do resto.

• Recorda: traballa tranquil@, a ritmo normal. Sabemos que non é doado pero procura ir sen presa. O que fagas , fáino ben sen correr riscos.

Actualmente, o servicio imposto que che fán levar (recargos) carece duns parámetros informativos, de calidade, de igualdade e equidade , que fán que a calidade do reparto sexa inferior á esixida na Lei Postal, e por tanto, fraudulenta con respecto o acordado na Unión Europea. E o máis importante é que esto non é culpa tua.

Por tanto, son os teus propios xefes os únicos e verdadeiros responsables desta desfeita que estás vivendo no teu posto de traballo, polo que eles nunca che deben votar en cara que eres lent@ si traes servizo de volta.

Si chegan a face-lo, tés que saber que estarían incurrindo en un delito de ACOSO LABORAL do que terían que responder persoalmente, ó estar a esixirche unha productividde ilexítima e inxusta.

En definitiva: ante a imposibilidade de asumir todo o servizo, pide instrucccións de prioridades ó teu xefe, traballa tranquil@; cumple o horario traballando con dignidade.

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde