domingo, 7 de outubro de 2012

O TEU GOBERNO ESTÁCHE MENTINDO. VELEIQUÍ AS PROBAS.



Os empregados públicos estamos xa fartos de ter que aturar aos partidarios do desmantelamento dos servizos públicos cando din que o número de funcionarios en España é insostible e que o Estado ten moitos máis empregados que os necesarios e que os "países de nuestro entorno".

Xuntamos aquí un gráfico que demostra xustamente o contrario, con datos obtidos da Organización Internacional do Traballo (oficina da ONU): en España hai 15 cidadáns por cada traballador público, mentras que en Francia, por exemplo, hai casi 10 e en Dinamarca perto de 6. 


Quere isto dicir que o peso dos empregados públicos no conxunto do Estado é moi inferior á maioría dos países veciños.

 Só Austria, Portugal e Italia teñen lixeiramente menos funcionarios segundo á poboación, mentres hai máis en Alemania, Reino Unido, Francia, Suecia...

Ante a cada vez máis próxima incautación da paga extraordinaria dos empregados públicos, a CGT quere recordar a todos que o roubo non é ese unicamente, senón que, ademáis, consiste en facer os descontos como se non houbese redución de salarios. 

No caso dos afiliados á Seguridade Social, mantéñense as bases de cotización anteriores ao recorte de Zapatero e, no caso dos mutualistas, faise o desconto de dereitos pasivos e de mutualidade como se foran cobrar a paga extraordinaria de decembro.

Así, que xa o sabedes, seguiremos cobrando cada vez menos.

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde