domingo, 9 de febreiro de 2014

Carta de CGT @s compañeir@s da carteria da UR1 de Santiago de Compostela



Carta da CGT  @s compañeir@s da carteria da UR1 de Santiago de Compostela:

  Queridos compañeiros:


                        Estamos tremendamente fachendosos de tod@s, das bravas decisións colectivas porque para nós, ese é o verdadeiro sindicalismo.


Dende o primeiro momento, amosámosvos  o noso máis firme apoio ó total das vosas reinvindicacións; e o fixemos valer comprometéndonos na vosa loita e esixindo por escrita ás máximas autoridades desta Zona 1º que se vos atendera en tódalas  as necesidades inmediatas  derivadas desta  reestructuración;  asi como un novo estudo de dimensionamento desta carteria, advertíndolles que si en caso dun mes non se fai, denunciaremos os feitos ante a Inspección de Traballo.
Dende CGT consideramos de  momento estar alerta, e agardar a que sexades vós, que sangrades día a día na cartería,  quenes nos  marquedes  o ritmo xunto coas vosas decisións colectivas.
 Temos moi claro que nós, como os vosos representantes,  estamos para servirvos   e non ó revés, pois sabedes que contades con o noso compromiso e que ofrecemos vos apoiedes na   nosa  infraestructura que como sindicato, temos á vosa disposición ( a CGT non é unha finalidade en sí mesma senón un instrumento ó servizo dos  traballadores).
Contade pois có  asesoramento debido e de poder seguir  cubríndovos   as espaldas  dende a  vosa  retagarda, para que sexades vós mesmos  os que creedes  vangarda e por suposto, teñades  absolutamente todo o protagonismo.


Esta sempre foi e será a nosa identidade sindical  porque “ si tí es quen traballa,  ninguén tén que decidir por ti”.


                                                                Sindicato Provincial de Correos de A Coruña



Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde