domingo, 5 de abril de 2009
CTA de Lavacolla (Santiago) - 10
SAUDE LABORAL
1. Que se revise e mellore o sistema de calefacción, pois está averiado moitas veces o que leva consigo que os traballadores estean traballando a temperaturas hostiles. Tamén se ten detectado que a dito sistema de calefacción se lle estropea con facilidade o sistema de regulación polo que hai zonas do CTA que sufren temperaturas moi variadas.
2. Que se adecúe a roupa a cada traballo, pois a roupa de traballo non é a axeitada para as tarefas que se realizan no CTA de Lavacolla. Que se lle entregue a todos os traballadores/as. Facer un estudo para ver que prendas e para que postos deben de ser consideradas como EPIs.
3. Que as sillas e os casilleiros da zona de clasificacion manual se adapten para poder realizar dito traballo sentado.
4. Que se instalen medidores de electricidade estatica en todo o CTA para que alerten en canto as medicións cheguen a ser perigosas, pois os traballadores/as seguen a sufrir continuamente descargas de electricidade estática. Buscar a raiz do problema e solucionalo.
5. Controlar que os pesos a manipular polos traballadores/as directamente non sobrepasen o máximo permitido na lexislación e nos postos onde son frecuentes os movementos repetitivos con peso, que se fagan evaluacións de riscos personalizadas.
6. Crear un equipo completo de persoal de servizos médicos composto por médico, ats e fisioterapeuta co persoal suficiente para atender os turnos de mañá, tarde e noite.
7. Evaluacion inicial de riscos e por postos de traballo.
8. Aumentar o número de taquillas nos vestuarios para garantir que todos os traballadores/as teñan a sua individual.
9. Establecer un máis eficaz servizo de mantemento e arranxo dos carros e xaulas, xa que non se revisan dabondo e dificultan o deslizamento dos mesmos con graves riscos para a saude dos traballadores/as.
10. Arranxar as goteiras, pois nos dias de chuvia e vento prodúcense no CTA, co risco de esvaramentos ou electrocución.
11. Repintado ou, no seu caso, pegado da sinalización horizontal, que está en mal estado, toda borrosa ou desaparecida. (Exemplo: A zona de paso dos palieres está borrosa)
12. Modificar a cor das pantallas das PVD´s da sala de videoindexación, que están cunha cor de pantalla defectuosa.
13. Acondicionar un baño para persoas con discapacidade.
14. Cambiar as papeleiras metálicas que supoñen un alto risco no caso de tropezar con elas os traballadores/as por outras de material menos pesado e sen aristas.
15. Facer exámenes médicos anuais e realizar cursos de formación para a saúde, dirixidos específicamente a mellorar a protección ós traballadores/as do turno de noite.
16. Maternidade. No caso de embarazo, adecuación do posto de traballo si a muller non renuncia ó turno.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario