domingo, 5 de abril de 2009
CTA de Lavacolla (Santiago) - 7
... E así, falcatruada tras outra, abandono tras outro, decidimos poñernos dunha vez as pilas e pasar a acción. Acordamos dende a XUNTA DE PERSOAL e do COMITÉ DE EMPRESA pasar á acción, coa elaboración dunha táboa reinvindicativa e a sua pòsterior explicación en asembleia nos diferentes turnos.
Tivemos que colocar o cartaz anunciador da concentración no único sitio que nos deixaron, amén de que a propia xefatura do centro andivo nervioso toda a tarde amenazando á xente que si salía a concentración, se lle descontaba o tempo de traballo.
Preguntado sobor ese particular, éste xefe disculpóuse decindo que esa orden non viñera dél, senón da señora Xefa de Loxística, á vez (pásmense señores!) Presidenta do Comité Provincial de Saúde Laboral de A Coruña.
DITO DOUTRA MANEIRA: A SEÑORA QUE OSTENTA O CARGO DE PRESIDENTA DO COMITÉ PROVINCIAL DE SAÚDE LABORAL, DÁ ORDE DE AMENAZAR A QUENES SALGAN A UNHA CONCENTRACIÓN PARA REINVINDICAR ENTRE OUTROS 17 PUNTOS DA PROPIA SAUDE LABORAL DO CENTRO.
(NOTA: (por si queren denunciarnos por inxurias: dirémoslles que hai testigos).
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario