xoves, 24 de marzo de 2011
Ofensiva sindical CGT por LUGO - 1
Pois si señor!!, No castro da CGT do noroeste coruñés antoxóusenos ir dar unha batida polas terras ocupadas polo invasor romano de Lugo, que noutrora foran terras rebeldes, vizosas e ceibes, estando hoxe ocupadas polo xugo román dos coconuts e cos csigueiros.
Deixamos o cargo a nosa guerreira máis auténtica e leal , pois ela sola pode non só con as forzas de ocupación coruñesas, senón tamén cos seus lacaios cobardes, apocados e sumisos.
E aló fumos!!!, intuindo caras de mala hostia entre os PRETORES, CONSULES E PREBOSTES que alí, en Lugo, acampaban polas suas anchas, protexidos polas forzas sindicais sumisas , "amigas del romano invasor " y traidoras ós intereses populares dos indíxenas.
Primeiro deixabannos pasar ás oficiñas romanizadas , mais “non podes colocar información nos tablóns sindicais , non dirixirte en voz alta os traballadores e moito menos dar asambleias; asi que “ tu entras, les dás algo de información a los trabajadores y te vás”!!
Mais con esa movida foron pasando cousas. Unha das cousas que decidéu a dirección a non deixarnos entrar definitivamente nas oficiñas fora a asambleia que CCOO queria dar en Rábade, e que non daba arrancado pola nosa presencia; al final a deron, descafeinada coma sempre, pero fumos testemuñas da mensaxe que deron sobor do Convenio Colectivo, pasando por alto aqueles recortes lesivos de dereitos que nos van a quitar e que eles van firmar.
Outra das movidas que lles petóu no cerrebelo fora que lles estabamos a decir os compañeiros a pouca información sindical que estabamos vendo que tiñan.
O final, despois de moitas vicisitudes nos chama por teléfono Correos para decirnos que fóramos duas veces a Rábade, y eso non pode ser; que estabamos a soliviantar a xente, e iso non pode ser; que estabamos a comparar a información que tiñan en Lugo con a que hai na Coruña , e iso non pode ser,, que os seus tablons sindicais son do xénero enano, e iso non pode ser.
… Que andabamos promocionándonos para as eleccións sindicais, e intentando conseguir as candidaturas necesarias para presentarnos por Lugo,… candidaturas céltigas e indíxenas, por suposto!!
- E iso sí que non pode ser!!!
E polo tanto, non foi!!, e así polas boas, con toda impunidade, pasaron a criminalizarnos ante os nosos tocaios e chairegos irmáns; que éramos hordas descarriadas; que non somos de fiar, que incluso dábamoslle as prebendas de máis... que sei eu... !!! Mais deixádenos explicarvos na seguinte entrada en qué parara a cousa :
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario