domingo, 1 de maio de 2011

MANIFESTACIÓN DA CGT E CUT NO PRIMEIRO DE MAIO 2011 NA CORUÑA




Querida xente: En diversas entradas ofrecémosvos en fotos e videos a nosa celebración do Primeiro de Maio, xantar de confraternización e festa final no Portiño aparte...


Os homes e mulleres da CGT, dicimos non a esta sociedade violenta e agresiva.

Non a esta sociedade separadora, racista e xenófoba. Non a este sistema consumista e desarrollista que antepón os intereses privados duns poucos, as plusvalías, a competitividade, a produtividade, aos dereitos humanos e á propia vida, que acepta a sinistralidade laboral como algo natural e que utiliza ás persoas como simples mer-cancías.


Dicimos non a un sistema económico e social que mantén unha lexislación laboral que castiga co paro a todo o que se move en defensa dos seus dereitos, aínda dos máis básicos, que impón o medo entre os traballadores e que reprime a todo aquel que non acepta ser pisoteado por uns empresarios cada vez máis cobizosos e voraces.


Para a CGT é a hora de tomar a palabra e a hora de pasar á acción para construír unha sociedade xusta e libre. É a hora da mobilización social e laboral para que sexamos os traballadores e as traballadoras os protagonistas do noso futuro.

Chegou a hora da rebelión.

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde