venres, 20 de xuño de 2008

O PORTO DA CORUÑA : OUTRO ESCAQUEO DE CORREOS

Fora dende sempre; cun problema latente dende hai moitos anos, cunha amenaza de atropeio ou de caída dos nosos compañeiros de promedio bastante alto.

Si por alí pasóu algo algunha vez con eles , non o sabemos: o medo e o esquecemento voluntario axudaron a esquecer calisquer suceso. Mais o que sí é certo é que algún susto levaron, levan e levarán!!

Si, decimos "levarán". Falamos en clave de futuro porque Correos seguirá sen facer nada, con a sua táctica do escaqueo e de non meterse en problemas, aún nin par defender e protexer ós seus empregados.

Así as cousas, nós dende CGT decidimos facer algo: así que primeiro optamos polo conducto interno, en dirixirnos ó organismo de Correos que vele por ese tema: O COMITÉ PROVINCIAL DE SAÚDE LABORAL.

Velahí a continuación a escrita que lle diriximos.


A continuación publicámosvos a denuncia á Inspección de Traballo, en vista que ese Comité non contestara... igual se lle fixo grande o problema!!

.. E así ate o dagora. Agardamos que pronto haia novas fortes, porque na propia Inspección de Traballo acusóu a denuncia e tramitóulla a propia Autoridade Portuaria.... haber en que queda todo esto.

Como no asunto dos buzóns de Arteixo 14, CORREOS fixo gala da sua máxima:

"SI TE HE VISTO, NO ME ACUERDO"

VELAHÍ VÁIVOS O CONXUNTO DE FOTOS, ESCRITOS E DENUNCIAS. TOMADE CONCIENCIA DO QUE PASA. É A REALIDADE ACTUAL DE CORREOS...

PORTO DA CORUÑA ( A CGT INICIA AS DENUNCIAS DENTRO DE CORREOS)

Á presidenta do Comité Provincial de Saúde Laboral de A Coruña

Tendo este Sindicato, coñecemento das circunstancias en que os compañeiros de reparto do Muelle (Porto) de A Coruña, teñen que facer a sua laboura, tanto nos turnos de mañán, como nos de tarde e/ou urxentes, é po-lo que vimos a plantexar a seguinte denuncia e peticións.
Segundo poidemos constatar,
1.- O estado das vías de comunicación dentro do muelle é de por sí perigoso(moita suciedade de graxa ,sobre todo, con grave perigo de deslizamentos incontrolables da moto , baches que son socavóns, cruces das vías férreas coas carreteras; que fan máis penoso e perigoso o circular en moto por posibeis enganches das rodas deste vehículo nos raíles, etc.)
2.-Regulación do tráfico da zona inexistente, nin camións, nin carretillas, nin turismos particulares repectan os cruces y/ou, outras normas. Sensación de risco permanente dos repartidores/as, que nos cruces ven aparecer a elevada velocidade grandes camións que paran, ou non, ó chegar ós “cedas”, “stops”, etc., con todo o seu impoñente volume, ante unha moto.
3.-Bloqueo de vías e pasos por grandes camións de carga, obligando ós compañeiros/as a buscar vías alternativas de acceso facendo longos percorridos que inciden sobor do incremento do risco e dos tempos de traballo.
4.-Utilización habitual po-los vehículos que circulan no recinto, de carriles habilitados para un só sentido en ámbo-los dous, sin que ningunha autoridade o impida (muelle Palloza, na súa parte interior).
O muelle de San Diego, o máis perigoso, concentra con frecuencia nos aledaños da Empresa Berge grande cantidade de longos camións que obligan ós compañeiros/as a extremar os cuidados para pasar entre eles (único espazo posible), sin sufrir accidente, todos sabemos que nestos grandes vehículos hai zonas “cegas”.
Na mesma área, deténse frecuentemente o tren, constituíndo un perigo e obstáculo a maiores.
Por todo esto, é po-lo que solicitamos:
1.-Avaliación Individual de Riscos de estos postos de traballo, tarefa que esiximos se realice urxentemente.
2.-Intervención activa da Empresa para solucionar os problemas e evita-los riscos aquí postos de manifesto e os que poideran deducirse da Avaliación Individual de Riscos esixida.
3.- Inclusión desta demanda no orde do día da vindeira xunta do CPSL.

Sin outra particular, saúdoa.
A Coruña, a 7 de novembro de 2007

OS BUZÓNS QUE ATENTAN CONTRA A DIGNIDADE DO CARTEIRO



Pola forma de ubicación dos buzóns, dáse a entender a pouca credibilidade que temos os de Correos alí, e de cómo pasan por riba dignidade.

Outro caso parello ó da Avda. de Arteixo 14.

PORTO DA CORUÑA. Camión adiantando

PORTO DA CORUÑA. Camión pechando unha nave

PORTO DA CORUÑA. Cruce do "Corte Inglés"



Imaxinádevos o peor!!

PORTO DA CORUÑA. VELAHÍ A GRUA...

... E CHEGÓU A GRÚA!!!



SÍ, PERO UNHA GRUA MÓVIL, QUE MOI LENTAMENTE TAMÉN OCUPA A CALZADA.O PERIGO NON É PRECISAMENTE A GRUA SENÓN OS OUTROS COCHES E CAMIÓNS Ó ADIANTA-LA, POIS O ESPAZO PARA FACE-LO É CURTO E A VISIBLIDADE É NULA.

PORTO DA CORUÑA. Alí xúntanse camións, trens...



HAI QUE IR COS CINCO SENTIDOS POSTOS!!

PORTO DA CORUÑA. DENUNCIA INSPECCIÓN TRABALLO (1ª PARTE)

Á INSPECCIÓN DE TRABALLO
A CORUÑA



Andrea Abeledo Morado, con DNI 32633414W, Segredaria Provincial e Delegada de Persoal da Confederación Xeral do Traballo (CGT), en adiante CGT; e Manuel Camba Gayoso, Delegado Sindical de CGT, con DNI 33819413Y, con domicilio a efectos de notificacións no local sindical de CGT, 2ª planta, Rua Alcalde Manuel Casas, s/n. 15070 A Coruña e teléfono 636312271

DECIMOS

1. Que actuamos en nombre y representación del Sindicato Provincial de Correos de A Coruña de la CGT.
2. En virtud de lo establecido en la Ley 31/95 de 8 de Noviembre de Prevención de Riesgos Laborales, que por medio del presente escrito venimos a formular denuncia por Infracción de Normas, contra la Sociedad Estatal Correos y Telégrafos SA con domicilio en la calle Alcalde Casás , 15080 A Coruña en base al siguiente
3. Elevando ante o Comité Provincial de Saúde Laboral a escrita nº de data , que se anexa e ante o silencio oficial tanto deste comité como da Jefatura Provincial de Correos respecto ó demandado por este Sindicato, que, recordemos, é o seguinte:

1.-URXENTE avaliación Individual de Riscos dos posto de traballo do CARTEIRO DE ORDINARIA, E DO CARTEIRO DE URXENTES DE CORREOS., que son os dous repartidores extranos o medio , cuia peligrosidade nos seus desplazamentos polo Porto acabamos de pór de manifesto na presente escrita.

2.-Intervención activa da Empresa para solucionar os problemas e evita-los riscos aquí postos de manifesto e os que poideran deducirse da Avaliación Individual de Riscos esixida.
BASEAMOS E ACOMPAÑAMOS ESTE TRABALLO NO INFORME DA NOSA VISITA DE INSPECCIÓN SINDICAL Ó PORTO DE A CORUÑA. FEITA O DIA 20 DE DECEMBRO DO 2007 ÁS 10:30 HORAS QUE DE SEGUIDO PASAMOS A RELATAR:

SORTEANDO OBSTÁCULOS CON A MOTO!!



No reparto no Porto da Coruña tés que ir a modo , porque si vás con presa a levas clara.
Mirade o paso angosto entre dous camións: haberá algunha sorpresa escondida que non vai ver o noso compañeiro motorista hasta que esa sorpresa se lle bote enriba???

... E así tódolos dias... ate que pasa algo!!

Algo irreparable...

PORTO DA CORUÑA. DENUNCIA INSPECCIÓN TRABALLO (2ª PARTE)

PREÁMBULO

O que temos que tér en conta un xeito global é o carácter desta zona portuaria , englobada dentro de un enorme espazo de traballo.
Todos sabemos que un espazo de traballo case sempre non se rixe polas normas públicas habituais, senón que elabora as suas propias normas e normativas, que bén pódense transigir ou alterar según a conveniencia do traballador ou da empresa, con ánimo de buscar mayor rentabilidade e cumplir os obxetivos empresariais : dende a de buscar atalllos para aforrar tempo e diñeiro, ate o clásico dito de traballar máis no menor tempo posible.
Así temos pois unhas normas de comportamento vial creada específicamente polos traballadores dese espazo de traballo que é o Porto de A Coruña.

Porque si se cumplen os obxetivos empresarias (cada día máis precarios, competitivos e voraces), non se respectan as normas viais públicas.

En este ambente de traballo, ollamos un colectivo de traballadores as veces pouco formado en prevención de riscos y en saúde laboral que sigue ó pé da letra os ditos clásicos mencionados antes.

Moitos dos traballadores dese campo de traballo está conducindo un medio de locomoción, sen decatarse das normas oficiais de circulación e as clásicas normas de prevención de riscos laborais, dándolle trato preferente e total ós seus cometidos e a doctrina empresarial empregada no parágrafo anterior.

ENCONTRO INESPERADO!!!



OS CAMIÓNS SÁLENCHE INESPERADAMENTE DE CALQUÉR CRUCE.
RECÓRDANOS A NOSA COMPAÑEIRA RURAL QUE FORA ATROPELLADA E MORTA CANDO A ARROLLÓU UN TRACTOR QUE DOBLARA UNHA ESQUINA DUN XEITO INESPERADO.

PORTO DA CORUÑA. DENUNCIA INSPECCIÓN TRABALLO (3ª PARTE)

MEDIOS DE LOCOMOCIÓN.

A modo de ferramentas móviles de traballo, atópanse toda clase de vehículos:

1. Unha verdadeira flota de palés de varios tamaños, que, con unha facilidade de maniobra notoria, circulan continuamente polos recintos, vias de comunicación y entradas.
2. Furgonetas
3. Coches turismo con remolque.
4. Camionetas de mediano e grande tamaño.
5. Camións medianos e grandes (trailers).

Así temos as despostas a de porqué os vehículos motorizados do porto actúan sen respetar as normas con o feito prioritario de cumplir obxetivos empresariais.

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde