Á presidenta do Comité Provincial de Saúde Laboral de A Coruña
Tendo este Sindicato, coñecemento das circunstancias en que os compañeiros de reparto do Muelle (Porto) de A Coruña, teñen que facer a sua laboura, tanto nos turnos de mañán, como nos de tarde e/ou urxentes, é po-lo que vimos a plantexar a seguinte denuncia e peticións.
Segundo poidemos constatar,
1.- O estado das vías de comunicación dentro do muelle é de por sí perigoso(moita suciedade de graxa ,sobre todo, con grave perigo de deslizamentos incontrolables da moto , baches que son socavóns, cruces das vías férreas coas carreteras; que fan máis penoso e perigoso o circular en moto por posibeis enganches das rodas deste vehículo nos raíles, etc.)
2.-Regulación do tráfico da zona inexistente, nin camións, nin carretillas, nin turismos particulares repectan os cruces y/ou, outras normas. Sensación de risco permanente dos repartidores/as, que nos cruces ven aparecer a elevada velocidade grandes camións que paran, ou non, ó chegar ós “cedas”, “stops”, etc., con todo o seu impoñente volume, ante unha moto.
3.-Bloqueo de vías e pasos por grandes camións de carga, obligando ós compañeiros/as a buscar vías alternativas de acceso facendo longos percorridos que inciden sobor do incremento do risco e dos tempos de traballo.
4.-Utilización habitual po-los vehículos que circulan no recinto, de carriles habilitados para un só sentido en ámbo-los dous, sin que ningunha autoridade o impida (muelle Palloza, na súa parte interior).
O muelle de San Diego, o máis perigoso, concentra con frecuencia nos aledaños da Empresa Berge grande cantidade de longos camións que obligan ós compañeiros/as a extremar os cuidados para pasar entre eles (único espazo posible), sin sufrir accidente, todos sabemos que nestos grandes vehículos hai zonas “cegas”.
Na mesma área, deténse frecuentemente o tren, constituíndo un perigo e obstáculo a maiores.
Por todo esto, é po-lo que solicitamos:
1.-Avaliación Individual de Riscos de estos postos de traballo, tarefa que esiximos se realice urxentemente.
2.-Intervención activa da Empresa para solucionar os problemas e evita-los riscos aquí postos de manifesto e os que poideran deducirse da Avaliación Individual de Riscos esixida.
3.- Inclusión desta demanda no orde do día da vindeira xunta do CPSL.
Sin outra particular, saúdoa.
A Coruña, a 7 de novembro de 2007
Ningún comentario:
Publicar un comentario