CAPÍTULO TERCEIRO.- A CGT INICIA AS SUAS INDAGACIÓNS
A Segredaria Provincial de CGT mantivo entrevistas persoais coa Xefa de Loxística e o Xefe de Cartería , sr. Domínguez Alonso, que manifestaron estar de parte do compañeiro e querer seguir a resolve-lo problema; pero que a comunidade alegaba ilicitude á pretensión de Correos de suspenderlle-lo reparto , xa que ademáis o servizo prestáraselles sin problema ata agora; e que existía un precedente parecido (que non igual) , no que se condenara a Correos despóis de que a entidade dira orde de non servir ós veciños de un edificio por outras irregularidades que afectaban ó tempo de traballo do carteiro (é decir: á rendabilidade de Correos); a repoñe-lo servizo.
Viñeron así a recoñecer estar nun calexón sin saída.
Ningún comentario:
Publicar un comentario