CAPÍTULO PRIMEIRO.- CRUCE DE ESCRITOS
Cando o compañeiro afectado denunciara o problema dos buzóns de Arteixo, 14, ó seu xefe inmediato; ése actuóu remitindo escrita á Comunidade de Veciños de Arteixo 14, e dándolles un prazo de 15 dias para amaña-lo problema, transcurrido o cál sin solucións; o correo serviríaselles na Oficiña Principal.
Repóstanlle da Comunidade de Veciños que os buzóns levan así 50 anos, que son cómodos e que lles daría moito follón cambialos.
Nova carta do sr. Domínguez Alonso, xefe inmediato do compañeiro afectado á comunidade insistindo na irregularidade e dándolles un novo prazo de 15 días para obter solucións.
Ante esta misiva, a Comunidade de Veciños dirixe escrita de consulta e queixa ó Sr Xefe Provincial na que pon en dúbida as competencias de Domínguez Alonso para suspenderlles o servizo de Correos e insiste no seu dereito a continuar cos buzóns obxeto de litixio
Ningún comentario:
Publicar un comentario