CAPÍTULO CUARTO.- A CGT INVOLÚCRASE ATE O FINAL
A Segredaria Provincial de CGT indicóulles que CGT pola súa banda ía intentar buscar solucións ó problema vista a lentidude do proceso e o constante perxuizo do compañeiro.
Ademáis ofrecéu un modelo de escrito redactado por ela mesma, para que se lle dirixira á Comunidade en conflicto, que ó noso ver estivera faltando o respeto tanto ó sr. Dominguez Alonso como á propia Sociedade Estatal e por descontado ó carteiro.
En escrita de 12.12.07 dirixida ó Sr. Domínguez Alonso, a Segredaria de CGT pídelle de novo que se requira á Comunidade da Avda Arteixo 14, que amañe a ubicación dos buzóns, anunciándolle que si no prazo de 15 dias non tiñamos comunicación de que o problema estivera en vías de solución, denunciaríamos o caso ante a Inspección de Traballo e ante a Subdirección de Regulación de Servizos Postais.
Recibimos contestación escrita o 18.12.07 do Sr. Domínguez Alonso na que expoñendo razóns do art. 16.4 da Normativa Postal, manifestaba se vían na “disyuntiva de tener que continuar con la prestación del servicio tal y como viene recogido en la normativa postal”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario