venres, 13 de xuño de 2008

BUZÓNS MAL COLOCADOS. 1 (Preámbulo)

PREÁMBULO

O Sr. Xefe de Distribución da Coruña arrogóuse a titulariedade de ter dado solución ó problema que lle crea a un compañeiro carteiro embuzonar o correo ordinario na finca situada na rua Avda. de Arteixo, 14, onde os buzóns da fila máis baixa están a 30 cm, do chan, obligando a quen sirva o correo no edificio a adoptar posturas contrarias ós principios de prevención de riscos laborais “poniendo en claro riesgo su salud”, según manifesta o Sr. Subdirector de Regulación de Servizos Postais; (aparte de supoñer unha indignidade).

Certos tipos de xefes gostan de denostar o sindicalismo e intentan (conseguíndoo moitas veces) atraer ós subordinados con xestos tipo “eso amáñocho eu”, e o que fan é darche esos dias que son permisos regulados os que tés dereito (enfermidade, familiar, nacemento fillo, matrimonio, falecemento familiar, etc) , vendéndochos como un favor po-la amizade que vos une e , á que sempre lle terás que corresponder cando se tercie estando sempre do seu lado (ainda nas mentiras e inxustizas) ; facendo horas gratis ou traballando a destajo para que non teña él que dar pendentes e quede ante os seus superiores como un bó organizador, etc.

Mire vostede; mesmo sospeitamos que non tivo vostede responsabilidade determinante na solución do problema.

Imos ver:

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde