luns, 1 de marzo de 2010

PENSIONES: A CGT DA CORUÑA SÍ VAMOS A ESTAR EN LA MANIFESTACIÓN CONTRA EL PENSIONAZO!!!




Contra o pensionazo, mobilización e Folga Xeral




A intención do goberno de modificar a idade de xubilación e o endurecemento dos requisitos para ter dereito a unha pensión é a agresión máis brutal dos últimos anos contra os dereitos dos traballadores.

Pero non é a única:

- Os grupos sociais de maior poder económico aumentaron no ano 2009 un 30% o seu patrimonio empresarial e rendas do capital.

- Mentres, máis de 4 millóns e medio de traballadores están no paro.

- Preto dun millón de familias teñen a todos os seus membros parados, condenados á miseria e á exclusión social.

- Máis de 8 millóns de persoas viven na pobreza. Só o ano pasado, as OO.NN.GG. tiveron que alimentar en España a máis dun millón de persoas.

- 12 millóns de traballadores teñen ingresos anuais por baixo dos 12.000 euros.

- Milleiros de traballadores están sufrindo o embargo da súa vivenda.


Nesta situación de precariedade e inxustiza social xeneralizadas, o goberno “socialista” pretende retrasar a idade de xubilación, incrementar o número de anos de cotización para o cálculo das pensións, deixar en descuberto a millóns de parados, pactar cos sindicatos oficialistas unha nova Reforma Laboral e, finalmente, conxelar os salarios. É dicir, un aumento da miseria.



Ante estes feitos, a CGT considera que a única resposta posible é a mobilización e a Folga Xeral:

- Para esixir traballo, contra o paro e a exclusión social.

- Para parar o retraso na idade de xubilación, o aumento de anos de cotización para ter dereito a pensión e a perda do seu poder adquisitivo.


- Para deter a nova Reforma Laboral que se anuncia no mesmo senso que as anteriores: redución dos dereitos laborais, sociais e económicos dos traballadores a favor dun empresariado sen escrúpulos e dunha clase política sometida e cómplice dos intereses do capitalismo máis destrutivo.

- Para rachar a conxelación salarial pactada coa patronal, cando máis de 12 millóns de traballadores e traballadoras teñen condicións de traballo indignas e salarios de miseria que non chegan ao salario mínimo anual.

Pola túa dignidade, non deixes que te paren: loita.”

CGT da Coruña


Por todo esto, e por outras moitas cousas máis; NÓS, A CGT DE CORREOS decidimos asistir á manifestación que sairá, ás 8 da tarde, da Praza da Palloza da Coruña, o próximo 2 de marzo, convocada por CC.OO.-UGT...

... REINVINDICANDO ASÍ A PARALIZACIÓN DA REFORMA DAS PENSIÓNS , E O QUE É O MÁIS IMPORTANTE :

A NECESIDDE DUNHA FOLGA XERAL QUE POÑA FREO DUNHA VEZ POR TODAS ÁS AGRESIÓNS QUE SUFRE A CLASE TRABALLADORA.

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde