mércores, 21 de marzo de 2012

Convocamos manifa domingo 25 marzo ás 12 no Obelisco



CGT da Coruña apoia a manifestación que ten convocado a Coordinaroa “A Coruña en Loita” para o vindeiro domingo 25 de marzo, as 12:00 con salida do Obelisco ata a plaza de Maria Pita.
Esta convocatoria ten por obxeto “a movilización dos traballadores e traballadoras da comarca da Coruña para denunciar as medidas anti-populares coas que o goberno reaccionario do Partido Popular quere facer que á crise economica capitalista a pague a clase obreira e o pobo traballador. Temos que dar unha poderosa resposta de unidade e loita contra os despidos na Torre de Hercules, en Sykes e Atento e outras empresas do telemarqueting ou na Sanidade e administración, no metal. Só si temos conciencia que á loita decidida, polos nosos intereses de clase, é o unico camiño para derrotar á patronal e seus negros sonos de deixar sin dereitos aos traballadores e traballadoras”.
Dende a CGT da Coruña animamos a tódolos nosos afiliados e afiliadas a participar nesta manifestación, preparando o camiño para o éxito da Folga Xeral convocada para o vindeiro 29 de marzo

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde