venres, 31 de agosto de 2012





         CHAMAMENTO A INSUMISIÓN

A PARARLLES OS PÉS CON UNHA RESISTENCIA ACTIVA!!!

Sabemos  que en setembro ocurrirán cousas; das cales xá vos anticipáramos os titulares a través dos nosos medios informativos, igual que a resposta consecuente que se lles terá que dar baixo a consigna dunha RESISTENCIA ACTIVA E CONSTANTE contra aquelas medidas que a dirección nos quera meter dobladas.

A dominación e castración da clase obreira de Correos terá que costarlles , posto que teñen en frente a un colectivo vivo e preparado que de ningún xeito nunca  se deixará mangonear caprichosamente nin polos futuros amos de Correos a través dos seus serviles e inútiles xefecillos nin polo Goberno traidor que nos quere  vender a cachos.

A ideia é lograr que si a Xefatura nolas quere meter doblada como sempre , a través da represión, gozando con toda a impunidade non só por parte do Poder, senón tamén dos Organismos  como a Inspección de Traballo: …facerlle ver que as tendrá que meter   CON CALZADOR, nunca folgadamente.

 Temos armas poderosas con que pararlles os pés, armas de por sí o suficientemente fortes para crear  en eles un sentimento de incomodidade para que nada lles resulte fácil.

 Sabemos que podemos paralizar económicamente calquér cidade si se nos cabrea o suficiente.

Temos a complicidade da cidadanía. Somos tan necesarios para ela como ela  para nós, os carteiros.

Non traballamos nunha enorme fábrica, aillados do mundo exterior. O contrario: temos contacto diario e permanente con esa ciudadanía  aliada.

Somos CARTEIROS , necesarios en cada rua, en cada aldeia, en cada barrio.

Desempeñamos un servizo público, social e universal.

Interioricemos os nosos activos e comprenderemos que non teremos as de perder nesta dura e innoble loita que nos agarda.

Interioricemos pois estas ideias que eiquí vos transmitimos nesta mensaxe ,  discutindo e valorando a forma e modo de resistirlles.

Cada cartería tendrá un xeito distinto de poñer en práctica esa resposta contundente que se tén que dar, que tendo como factor común o servicio postal encomendado, tendrá que ser contundente, profesional e colectiva.

Que saiban que nesta carteria estaremos preparados para enfrontarlles as suas arbitrarias e caprichosas decisións cando sexa e a nosa maneira, a mellor que sabemos, sen depender de ataduras sindicais e partindo de nós mesmos   !

Compañeiros. Somos carteiros.
Defendemos un servizo público, social e universal.
Fagámosnos valer!!!


Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde