luns, 27 de agosto de 2012


    GRANDE CHOURIZADA NO OBELISCO!!! ( desafogos a cachón!!!)

Nestes tempos... a quén non lle amarga unha chourizada!!, ainda que sexan as seis da tarde poderian entrar ben se ademáis o acompañamos con algun que outro acto lúdico e mordaz. non vos parece?

Pois diso se trata o convite que vos facemos para mañán martes dia 28 de agosto . .. O DITO... non haberá doces nen chocolates con churros... simplesmente unha dignísima chourizada...moi ben acompañada.

Daquela  quedamos no OBELISCO as 18 h. para tratar de conciliar a pantacrúelica chourizada  cun enorme acto de dignidade poñendo os elementos que cobran máis de cinco mil de eurazos ó mes sen pegar pancada nas Cortes Españolas no seu sitio dun xeito simbólico e auténtico, como non pode ser menos partindo da nosa CGT.

No caso de Mariano Rajoy tamén o imos poñer bonito, pero no aire... non, non o imos mandar directamente o carallo... en principio o aire, que é o mais axeitado!!!

atención, fotógrafos de Correos!!! e a vosa oportunidade de gañar o PULLIZER!!!!!

Asi que... veña!! deixade a praia e o que andedes a faser e achegádevos ó OBELISCO CORUÑES para gosar do expectáculo audiovisual - culinario  que vos teremos preparado.

Veña, que é hora de rirse un pouco ... a cachón!!  Qué coño!!

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde