FRENTE A PREPOTENCIA, PRECIPITACIÓNS, OCULTISMO,
MENTIRAS, ARBITRARIEDADE, DISCRIMINACIÓN DE CORREOS E DOS
SEUS CÓMPLICES, EIQUI NON TRAGAMOS!!
5 de Abril:
xornada de loita!!!
O 5 de Abril celebraremos o aniversario da
firma do III Convenio Colectivo e do Acordo funcionarial ó noso xeito!!
Como
sindicato non firmante, CGT véuse
sometido a unha persecución e represión constante.
Mais
non só os nosos delegados e militantes sufriron as suas consecuencias a xeito
de sancións e despidos; este texto de
aplicación dende o 2011, supuso un atropelo ós dereitos d@s traballador@s en
temas como disminución de plantilla, pérda de
9.000 postos de traballo (ERE encuberto), retribucións, saúde, cambio de
horarios, polivalencia e flexibilidade, movilidade xeográfica, evaluacións
negativas de desempeño, expectantes, e así un longo etc.
A
partires de 2014, o Convenio perde a sua vixencia e a espada de Damocles dun
novo texto está a volta da esquina, polo que temos que recordar que o Acordo
funcionarial nin siguera foi aplicado; este é outro tema sobor do que debemos
facer incapé, polo que as nosas perspectivas de futuro son aínda piores.
A
xestión e organización da empresa , amparada por eses acordos con con CCOO, UGT, CSIF y SL cuia ambigüedade
permite interpretacións sesgadas dos mesmos , leváronnos a uns límites de abuso
de poder que atentan tanto contra CGT, limitando e obstaculizando a nosa acción
sindical como contra @s traballador@s de Correos.
Perante os
derradeiros meses producíronse en Correos unha serie de feitos que van a
implicar cambios de gran importancia e que supoñen, na mayoría dos casos, novos
retrocesos nas nosas condicions de traballo : precariedade derivada da nova
normativa de contatación, …
Dende CGT queremos denunciar esta precipitada forma de actual tanto da dirección de Correos
como o de os seus cómplices sindicais, e pensamos que o colectivo de
trabaladores debemos defender os nosos dereitos non só mediante as vias
xudiciais senón tamén a través da movilización.
Entendemos
que o papel de víctimas debe abandoarse para pasar á acción directa e demostrar
a nosa capacidade de resposta; por iso eleximos a data do 5 de abril como unha
referencia de loita en todo o Estado pola nosa dignidade que como traballadores
de Correos nunca debemos de perder.
Por todo elo , convidámosvos a que manifestedes o voso
rexeitamento nas portas do voso centro de traballo en tódala provincia
coruñesa, sendo o noso acto central na
Coruña, as 9:30 h. diante da porta da Oficiña Principal de Correos , onde nos
concentraremos para denunciar tanta prepotencia, precipitación, mentiras, arbitrariedade e discriminacións de Correos .
Agardamos con esta acción, poidamos escomenzar un
novo proceso de movilizacións , xa que dende CGT pensamos que a gran maioría do colectivo de traballadores
sinte indignación ante esta forma mentirán, prepotente e irresponsable de actuar da
Dirección de Correos, e quere tér o seu espazo para manifestar a sua repulsa de
cómo se está a manipular, rachar, ningunear e desprestixiar este dignísimo
servizo público que dende sempre déu Correos á cidadanía
Ningún comentario:
Publicar un comentario