luns, 1 de abril de 2013

DESMANTELAMENTO DO SERVIZO PÚBLICO DE CORREOS NA CORUÑA. VOL.1





Iníciase o desmantelamento do servizo público de Correos na nosa Cidade.
Correos suprime 9 postos de traballo nos distritos 7 e 8 da Coruña 
Esta reestructuración afectará ás zonas OS MALLOS, MESOIRO, ELVIÑA…) A PARTIR 
(disque) do 15 ABRIL.
E será a primeira de moitas máis que Correos irá creando en cada centro de traballo coruñés , fiel a unha estratexia de desmantelamento do servizo público en todo o Estado. 

Xá temos informado en este blog que o  pasado martes dia 26 de marzo @s traballadores/as do centro foron informados de esto nunha xuntanza no centro de traballo, onde os Xefes informadores, con a sua intransixencia, prepotencia e imposición natural, deixaron caer ó colectivo o seu futuro ( " o lo tomas o lo dejas", parece que fora a sua resposta más repetida ás preguntas inquedas do colectivo de carteiros afectados).

Esta medida, xunto con as que caerán en breve, forman parte do seu plan de efectos inmediatos das suas segredas 300 accións para levar a cabo nos vindeiros 100-300 dias para que o cabo dos 1500 dias , Correos non se recoñeza mirándose o espello público.

Na Coruña, todo este plan levará consigo unha grave merma do servizo postal nas zonas afectadas, pois menos persoas deberán asumir unha carga de traballo maior que afectará á calidade nos plazos de entrega.

Correos afirma que intentará reubicar ás persoas afectadas. Dende CGT entendemos que esto é imposíbel e ademáis entra en contradcción cos plans de Correos de reducir personal en todos os centros. Os afectados serán reubicados noutros centros onde Correos afirma que tamén “sobra” xente.

Correos toma está decisión sen ter consultado previamente ao comité de empresa nen á xunta de persoal funcionario, dos que CGT forma parte.
Con esta acción SAE Correos entra claramente na política de recortes de servicios públicos que está levando á inminente privatización do servizo Postal.

SAE Correos é actualmente unha empresa 100 % pública incluida na SEPI que ten designada a prestación do Servizo Postal Universal (SPU). 
O SPU está rexido pola Lei Postal que garante un reparto diario de calidade TODOS OS DIAS de luns a venres. Dende fai un tempo Correos incumple grave e reiteradamente esto non dotando de persoal suficiente aos centros de reparto. 
Esta reducción nas contratación está levando @s carteir@s a asumir SOBRECARGAS de traballo constantes que imposibilitan o correcto tratamento e reparto postal.

A nivel estatal a plantilla de Correos reduciuse de 65000 a 58000 en catro anos aproximadamente o que, segundo a opinión de CGT, supón un ERE ENCUBERTO de 7000/9000 persoas e unha grave perda dun dereito esencial da cidadania.

CGT esixe que se deteña este novo atentado ao sector público, e a prestación do SPU nas condicións que esixe a lexislación vixente, asi como  o mantemento de todos os postos de traballo da nosa cidade.


Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde