Máis de 35 persoas secundamos o chamamento da CGT para esta xornada de loita do cinco de abril, marcada pola total negación do Centro Directivo de Correos a informar do desenrolo do seu plan 100-300-1500 que afecten os centros de reparto, asi como a sua posta en práctica a nivel de desacreditar cara a finiquitar o servizo público , verdadeira alma mater de Correos, todo elo asemade de contentar ós sindicatos da sua corda xunto con a represión pura e dura que está levando a CGT como o único sindicato estatal que non lles firma nada nin lles come na sua mán coma o resto das xá entregadas Organizacións Sindicais estatais, agás de sinaladas excepcións.
A realidade máis actual é a prepotencia con que o Centro Directivo dictóu a desaparición de nove postos de reparto na carteria coruñesa dos Maios, antesá dunha auténtica reducción drástica de efectivos que se levará a cabo nos vindeiros meses na cidade herculina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario