xoves, 4 de abril de 2013

CONCENTRACIÓN O VENRES DIA 05/04/2013 NA OFICINA PRINCIPAL DA CORUÑA EN RESPOSTA AO RECORTE DE POSTOS DE TRABALLO E A REPRESIÓN SUFRIDA POLO SINDICATO CGT.




O vindeiro venres 5 de Abril coincidindo cunha xornada de loita convocada a nivel estatal, e aproveitando que se cumpren 2 anos do convenio en vigor na SAE correos, traballadores e delegad@s do sindicato CGT manifestarémonos diante da OP da Coruña,na rúa Alcalde Casás S/N, ás 09:30 da mañán.


OS MOTIVOS SON OS SEGUINTES.



1 A PERDA DE POSTOS DE TRABALLO NA CORUÑA A PARTIRES DO 15 DE ABRIL.

Manifestar a nosa clara oposición á perda de postos de traballo que sufriremos na UR2 da zona de OS MALLOS na nosa cidade. Nesa unidade, sen información nen consulta previa aos traballadores/as, Correos decidiu SUPRIMIR 9 postos de traballo. Pasando o número de persoas que traballan nesa unidade de 43 a 34.

2 das persoas serán reubicadas en Arteixo. Aplicando así a movilidade xeográfica recollida no texto do convenio en vigor que tamén denunciamos nesta ocasión. CGT foi o único sindicato (con capacidade para elo) que se negou fai dous anos a asinar un texto que xa recollia estos ataques aos dereitos laborais e que despois foron extendidos na Reforma Laboral e no decreto 20/12 a toda a sociedade.

Esto é especialmente gravoso se temos en conta que moitas das seccións deses distritos xa estaban previamente sobrecargadas e non se levaban ao día. Entendemos que o EMPEORAMENTO do servizo será inevitable e dende CGT faremos un chamamento á cidadania para que reclame os seus dereitos.

Correo excúsase nunha baixada do tráfico postal do 30%, cifra que non foi respaldada documentalmente en ningún momento pola SAE. Até o dia de hoxe Correos xustificou un descenso do tráfico postal do 7%. Se temos en conta que a eliminación de postos de traballo é do 21% vemos que existe una clara descompensación. Por outra banda para calcular a carga de traballo de un reaprtidor débese ter en conta outras variables como a distancia percorrida, a número de vivendas da sección etc. En outras palabras: non cambia moito levar a un edificio 15 ou 30 cartas, porque o tempo de percorrido até alá é o mesmo, por poner un exemplo claro.

 Nos últimos 4 anos, Correos suprimiu 9.000 postos de traballo, pasando de 67000 no ano 2009 a 58000 no ano actual, o que supón un ERO encuberto. Esta reducción de persoal provoca que cada vez sexa máis habitual que os empregados de Correos non poidan cumprir regularmente co establecido na “Lei do servizo postal universal, dos dereitos dos usuarios e do mercado postal” que obriga a:

-“Realizar, polo menos, unha recollida nos puntos de acceso á rede postal todos os días laborables, de luns a venres, con independencia da densidade de poboación e mesmo en zonas rurais”

-“As entregas dos envíos postais  practicaranse, polo menos, todos os días laborables, de luns a venres”

Este dereito está fundado nun principio fundamental recollido na constitución que é o dereito ao libre acceso ás comunicacións garantidas polo Estado en todo o seu territorio en igualdade de condicións.

Tamén vemos moi preocupante que Chronoexprés, empresa do grupo Correos, notificou o pasado 5 de marzo  a apertura dun ERE, como  medida de viabilidade da empresa, que afectará presumiblemente a 150 traballadores en todo o Estado.


2 A REPRESIÓN SUFRIDA POLA CGT A NIVEL GALEGO E ESTATAL DENTRO DA SAE CORREOS.

Correos, lonxe de asumir a súa responsabilidade na deterioración do servizo postal motivada pola eliminación de postos de traballo, descarga esa responsabilidade sobre os propios empregados, recorrendo en moitos casos á represión, en forma de sancións e despedimentos co fin de conter o malestar do persoal.

CGT foi o principal obxectivo da represión en Correos nos últimos tempos, sendo sancionados 9 dos seus delegados incluíndo á súa Secretaria Xeral, Secretario de Saúde Laboral e Secretario de Acción Social. Ditas sancións foron recorridas ante a xurisdición correspondente. Ademais foron numerosos os expedientes a afiliados de CGT.

No caso da Coruña foi precintado o local sindical do Centro Tratamento Automatizado de Lavacolla. Feitos gravísimos que serán xulgados nun xuizo penal de agresión aos dereitos sindicais o próximo luns 08/04/2013.
Ademais, Correos discrimina a CGT, excluíndo a esta organización sindical das diferentes Comisións Negociadoras e negando o dereito a recibir diferente información solicitada, que si reciben o resto de organizacións sindicais representativas.

CGT denunciou estas prácticas ante a xustiza, obtendo varias sentenzas nas que se recoñece o dereito negociador a CGT como organización sindical representativa e nas que se insta Correos a cejar na súa conduta antisindical cara a CGT.

CGT considera a conduta de Correos como un ataque a toda a organización, razón pola que se convoca  concentracións en distintas cidades de todo o estado para o día 5 de abril, como mostra de SOLIDARIEDADE e APOIO MUTUO.

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde