martes, 7 de febreiro de 2012

ENVALENTAMENTOS ( de Don Galaico ó Capital Alemán)




Pois resulta que a Don Galaico se lle déu por ir avanzando o que nos vai vir dentro duns meses... xa se sabe dende sempre ... GALIZA É DIFERENTE!!!

Mais hainos que non se farán de rogar, vendo as iniciativas de Don Galaico e do seu curmán Don Butifarrez, aló polas inquedas terras cataláns.

Non, non imos personalizar , porque todos sabemos que a xentiña que colleron os
( quasi) mandamáis de CORREOS ( O CAPITAL ALEMÁN) son fieles criaturas ó servizo do que manda (O CAPITAL ALEMÁN), e obececen ser rechistar os seus mandados.

Porque o que temos claro é que unha nai non putea os seus fillos, non si?
Daquela, porqué se empeñan en da-la imaxe de que CORREOS ANDA A PUTEAR OS SEUS EMPREGADOS???

Sentímolo, mais isto non nos casa. Non o comprendemos.

Mais o que sí comprendemos moi ben é que non é CORREOS quen putea os seus traballadores... é o seu Centro Directivo, ( CAPITAL ALEMÁN?) plagado de personaxes chegados da empresa privada, lúcidos e expertos en políticas empresariais agresivas quenes están rachando a nosa histórica empresa postal por órdenes dos seus patróns, que o fin de contas,( CAPITAL ALEMÁN) foron os que os puxeron nas poltronas directivas.

Mais o que sí comprendemos moi ben é que os que arestora gobernan a nosa empresa, alpetrechados e atrincherados no CENTRO DIRECTIVO non son outros que os esbirros ó servizo dos seus novos amos ( O CAPITAL ALEMÁN???), que perderon a sua propia estimación personal xunto co seu medo a perder o seu status de poder dentro da empresa.

Baixo esa premisa, compañeiros; SÍ NOS SAEN AS CONTAS. CARALLO SI SAEN!!!

O penoso de esta historia son os SINDICATOS CCOO, UGT, CSI-CSIF e SINDICATO LIBRE, que asinando o Convenio e outras cousiñas segredas ( CAPITAL ALEMÁN??) están vendendo o noso futuro.... Ó CAPITAL ALEMÁN?????

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde