luns, 6 de febreiro de 2012
Unhas propostas indecentes e discriminatorias do DON Galaico e a sua cuadrilla.
ATEMCIÓN, XENTES TRABALLADORAS DE CORREOS: QUE NA VINDEIRA VIRÁN POR NÓS!!!
O goberno de Feijóo xa presentou o anteproxecto de lei de "medidas no emprego público". Este anteproxecto, como xa se viña anunciando, contén unha serie de medida que non son máis que un ataque aos servizos públicos e aos seus traballadores. Son as seguintes:
1.- Os empregados que estean de baixa por continxencias comúns non percibirán ningún complemento sobre o que paga a Seguridade Social ata o día 21 da baixa. Non cobrarán nada os tres primeiros días e percibirán o 60% entre o cuarto e o vixésimo día. A partir do día 21 cobrarán o 100%. É unha discriminación con respecto aos empregados que estean en mutuas de funcionarios (Mugeju ou Muface, que cobrarán o 100% durante varios meses. Tampouco está claro como se vai aplicar aos laborais, que teñen recoñecidos os complementos por convenio colectivo.
2.- Suspéndese o Fondo de Acción Social, agás a axuda a persoas que teñen dependentes ao seu cargo, cunmáximo de 180 euros ao mes. A suspensión é "sine die" e supón un ataque aos compañeiros que teñan situacións de necesidade que ata agora estaban paliadas por este fondo (gafas e prótese, estudios fillos, etc.).
3.- Modifícase a posibilidade de permanecer no servizo activo despois da idade ordinaria de xubilación, xa que pasa a ser renovable cada ano e pode ser denegada en función de parámetros como "razóns organizativas derivadas da planificación do emprego público". Isto quere dicir que se vai xubilar xente que quere seguer traballando, pero non para poñer outro na súa vez senón para amortizar o posto de traballo. O gasto traspásase á Seguridade Social ou a Clases Pasivas, en forma de pensión.
4.- Redúcese o número de días de asuntos particulares de 9 a 6. Isto quere dicir que traballaremos máis días polos mesmos cartos. Non se considera isto redución salarial?
5.- Suspéndese o plus de altos cargos. Non se establece ata cando. É o doce co que nos queren coar o resto de medidas.
6.- Establécese a semana laboral en 37 horas e 30 minutos, como media. Non sabemos como afectará a disposición ao horario de verán.
7.- Habilítase ao Consello da Xunta a reducir a xornada dos interinos e dos laborais temporais ata nun tercio da xornada normal, é dicir, ata cumprir 25 horas semanais. É unha terrible medida discriminatoria para estes colectivos, sen xustificación ningunha. Que lonxe quedan aqueles tempos nos que Feijóo chegou a ser membro dunha Xunta de Persoal en representación dunha agrupación de interinos que loitaba contra a discriminación!
8.-Suspéndese parcialmente varios artigos do Convenio para o Persoal Laboral: o 19 (descansos e festivos), o 29 (dereito a comedor) e a Disposición Adicional 3ª (descansos en Nadal e Semana Santa). Machácase o dereito á negociación colectiva do persoal laboral.
9.- Adaptaranse as convocatorias, con carácter retroactivo, dos postos de traballo que estean pendentes de procesos de consolidación de emprego, de xeito que non sexan ofrecidos en ningún proceso de provisión.
Estas medidas son un ataque directo contra dereitos adquiridos polos traballadores públicos e o unico que conseguirán con elas será o deterioro xa visible nos servizos. Os empregados públicos estamos xa fartos de ser monecos de pim-pam-pum deste fato de desafogados e non imos quedar nin calados nin quedos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario