Ás doce do mediodía, diante do Obelisco,
concentrámonos unha treintena de persoas para reclamar a inmediata posta en
liberdade da compañeira Laura Gómez, da CGT da Coruña. Laura, detida
inxustamente o pasado 25 de abril, segue en prisión incondicional sen fianza,
por ter participado nas mobilizacións da Folga Xeral do pasado 29 de marzo.
Ao
remate da concentración se deu lectura a un manifesto da CGT da Coruña pola
liberdade de Laura e a carta que a propia Laura dirixiu aos seus familiares,
amigos e compañeiros o pasado Primeiro de Maio. A continuación se deu entrada
por rexistro na Subdelegación do Goberno dun escrito do SOV da CGT da Coruña
reclamando a posta en liberdade da compañeira presa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario