Dóenos a alma, como cando alguén querido váise; mais niste caso, é unha dor diferente, colectiva; un sentimento desgarrador e salvaxe énchenos de rabexa a tódolos galegos, e cada ún de nós sentimos no máis fondo das nosas ialmas que este grave desenlace non tivera porqué suceder, si foran previstas as medidas adecuadas no seu momento con responsabilidade e sentido común . Estamos agraviados, duramente indignados.
Non é un feito puntual ( que ós galegos fáisenos moi duro, tal e como levamos os encontros diarios con eses elementos que dín que nos representan, unidos coa patronal máis egoista , cun claro espirito reaccionario e miserable) ; senón un efecto claro producido por unha causas, planificadas hai algúns anos.
RECORDEMOS:
O Goberno Español anunciara a sua intención de desmantelar e privatizar RENFE e ADIF, copiando do fracasado e ruinoso modelo da privatización dos ferrocarrís británicos, cheos de accidentes por falta de manteñemento ( que fora a causa do accidente do 24 en Santiago, onde morreron 80 persoas...e que o que nos pasóu, poderá voltar a pasar nalgún punto do Estado!!!).
Este modelo inglés non foi imitado por ningún outro goberno da UE porque supuxera:
a) Degradación do servizo.
b) Encarecemento das tarifas.
c) incremento nos costes públicos
d) UNHA PERDA ALARMANTE DE SEGURIDADE!!!
O PRESENTE
A estratexia do Goberno Español ( igual pasará con Correos) é a de TROCEAR RENFE E ADIF, liberaliza-lo transporte de viaxeiros... e tamén privatizar ...:
- O mantemento do material,
- A infraestructura.
- As mercancias.
- O AVE.
- A longa distancia.
- , O Canal de Venta.
- Os servizos loxísticos.
- Crear franciquias en Cercanías e Media Distancia.
- Asemade de reducir servizos das empresas auxiliares como Cremonini, Comfersa, Ferroser, Eulen, Atendo, etc.
O Ministerio de Fomento , xa limitara a consideración de servizo público, o que supón que xá a partires de xuño de 2013:
1. Dun total de 3374 trens semanais de Media Distancia, suprimíronse 779.
2. En 172 estacións , deixaron de parar os tréns.
3. En 163 estacións hai unha única parada por sentido.
4. Os viaxeiros afectados estímanse en un millón.
O suposto aforro limitaríase a 50 millons de euros, equivalente ó que custa construir 10 km de autovía ou 2 km de AVE.
Estáse cercenando á cidadanía o dereito á libre movilidade nun medio de transporte seguro e con grande potencial de futuro como é o noso ferrocarril.
Pretenden ademáis, alugar ás empresas privadas os trens que costeamos entre todos, para que poidan quedarse co ferrocarril público sen asumir nin costes nin riscos.
Ou sexa que...
Pagarémoslles por quedarse con o que é noso.
Por tanto, querida xente: non podemos consentir que desmantelen o ferrocarril público, polo que facemos un chamamento ó susurios e á poboación en xeral para defender, frente ó pillaxe da privatización o que é e debe de seguir sendo de todos e para todos.
OS GALEGOS ESIXIMOS DIGNIDADE E XUSTIZA!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario