xoves, 7 de xaneiro de 2010

POLÍTICA INTERIOR A SEGUIR POR UNHA EMPRESA GAÑADORA





Unha empresa que quér enfrontarse ás multinacionais do sector a partires do 2011 –data da liberación do sector público de Correos promulgado pola Normativa Europea- fará unha política interior consecuente, orientada a buscar o apoio, participación e involucración dos seus empregados.


Por tanto, os seus responsables das unidades de traballo, tenderán a aplicar os principios da calidade total, mellorarán o clima laboral e favorecerán a innovación da empresa:



1. Valorando as iniciativas que presentan as persoas que traballan no seu departamento.


2. Invitando ós seus colaboradores a que dean os seus puntos de vista.


3. Apreciando a que se lles comuniquen os erros cando se producen e orientando á sua equipa a soluciona-los.


4. Comunicando as decisións, evitando rumores, que xeneran incertidume innecesaria.


5. Facer partícipes á equipa da información que afecta directamente á unidade (obxetivos, circulares de traballo, etc)


6. Asumindo a responsabilidade das suas decisións e non deixando que sexan outros quenes se encarguen de transmitir as máis conflictivas.


7. ...E sobre todo, tér moi en conta que quén máis sabe sobor dun posto de traballo é a persoa que o realiza.



Os responsables gardaránse de modos que atentarían contra este espíritu innovador da empresa, fuxindo dos seguintes comportamentos:


1. Pouca disposición a escoitar.

2. Ocultar información.

3. Tensións, enfrontamentos, descortesía.

4. Pasar indebidamente responsabilidades a outros.

5. Sobrevalorar a importancia do traballo propio.

6. Facerse o mártir.

7. Prepotencia sobor dos demáis.

8. Entrar dentro do xogo da competición empresarial dun xeito prepotente, xogando co diñeiro alleo.


SEÑOR XEFE DE ZONA - SEÑOR XEFE PROVINCIAL - SEÑORES XEFES DO CENTRO DIRECTIVO – SEÑORES XEFES INTERMEDIOS DE ESTA PROVINCIA :


SI ESTA EMPRESA QUÉR SER ALGO, E MESMO TÉR FUTURO, INVOLÚCRENSE NELA, E APLÍQUENSE O CONTO!!!


... E POR CERTO: ESTES PRINCIPIOS DE CALIDADE QUE LLES ACABAMOS DE RELATAR, NON FORON INVENTADOS POR NÓS, SENÓN QUE PROVEÑEN DAS MISMÍSIMAS FONTES DA SUA –E HOXE TODAVÍA NOSA- EMPRESA.

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde