xoves, 18 de novembro de 2010
Concentración 18 Noviembre - 3
Imos proceder á lectura dun manifesto no que resumimos as reinvindicacións que nos levan a continuar con este proceso de movilización e reinvindicación:
Temos que modificar a folla de ruta que nos tén marcada o Goberno e que tén como final de traxecto o fin do correo público. Si deixamos que se desenrolen os plans de reconversión de Correos que tén previsto este Goberno, consideramos que Correos non poderá continuar a ser ese operador postal que sempre fixo unha laboura de comunicación e achegamento dos cidadáns independentemente da súa ubicación xeográfica, ese operador que desenrola un servicio cercano i eficiente á cidadanía.
A falta de proxecto postal deste Goberno, a falta dun plan estratéxico que fixe as líñas a seguir dentro dun mercado postal liberalizado e moi competitivo, e o excesivo recorte presupuestario que o goberno aplicou este ano sobre a nosa empresa, farán que previsiblemente Correos se vaia debilitando, que vaia perdendo cuota de mercado a favor dos operadores postais privados emerxentes, e que vai supoñer unha reconversión encuberta no operador postal público.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario