xoves, 18 de novembro de 2010

Concentración 18 Noviembre - 5








Tendo en conta que os avances acadados nunha primeira fase de movilización son positivos pero insuficientes, escomenzamos esta segunda fase de movilizacións esixindo as seguintes demandas:


Esiximos que se tomen en consideración as enmendas presentadas pola maioría sindical para reorientar certos contidos da nova lei postal que de non modificarse deixan a Correos nunha situación de inviabilidade e imposiblidade para prestar o servicio que ten encomendado.


Esiximos un Plan Estratéxico que faga de Correos unha empresa competitiva dentro dun mercado postal liberalizado e que posibilite a Correos prestar o seu servicio coa calidade establecida pola actual Directiva Postal Europea.


Exisimos unha normativa que sexa garante de que o Servicio Postal continúe a ser un servicio público e de calidade, e unha normativa que obligue a tódolos operadores postais a garantir unhas condicións laborais dignas ós seus empregados.


Esiximos tamén, neste caso á nosa propia empresa, o desbloqueo da negociación do novo Convenio Colectivo e Acordo Funcionarial, paralizados durante dous anos polas propostas de abusivos recortes de dereitos que a empresa quere aplicar sobre os traballadores como resposta e solución á falta de financiación que nos impuxo o Goberno.


Lembramos a O Goberno deste país que os 65.000 traballadores de Correos van a loitar por manter un servicio postal público e unhas condicións laborais dignas.

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde