CRÓNICA DENDE A BARRICADA DA UR1 DE A CORUÑA. 3º DIA
Desaproveitando
a ocasión de crear un forte grupo de traballo
Parece
que os xefes desta UR1 non queren –ou non
saben – seguir os patróns establecidos
polo Director da Zona Primera Angel Perez.
Efectivamente,
Angel tén entre as suas metas o traballo en equipa, e para que este traballo se
desenrole óptimamente, os responsables de organiza-lo teñen que suplir as
carencias e os problemas que poidan complicalo, favorecendo a consecución do
mesmo.
Con
a eliminación de oito lugares de traballo, a carteria gañou espazo; e na vez de
aproveitar esta circunstancia para dotar os lugares de traballo conxunto de
zonas máis espaciosas ( mais casilleiros, que cónstanos que os hai!) onde se poida traballar
holgadamente ( dous compañeiros tirando un casilleiro é a norma); o deixan tal
cual estaban, preocupándose máis en espaciarnos as mesas de traballo , cecáis con fins de controlarnos
mellor.
Diste
xeito, na especie de U que temos montada
diante do distrito 4, e xonas anexas para “traballar o servizo común” , obligan a estar a máis de 25 compañeiros, deixando o resto da
carteria un espazo enorme valeiro.
Asi
temos nos dous brazos da U catro casilleiros atendidos por 2 ou 3
compañeiros; logrando que na maior parte do tempo haia un total de 9-10
traballadores.
No
arco da U a cousa se complica, posto que ademáis de contar cun só casilleiro con 5 ou 6 compañeiros traballándoo, forma un cuello de
botella de 2 metros ,
dificultando e entorpecendo constantemente os traballadores que por alí atenden
o servizo.
En
total en todo o espazo da U temos unhas 16 persoas tirando o servizo nos cinco
casilleiros existentes.
Nos
lugares anexos a cousa despéxase un pouco, atendendo os 3 casilleiros entre 2 e
3 traballadores.
Por
suposto, esta zona onde traballan os 25 compañeiros é lugar de paso das xaulas,
que están constantemente entrando e saindo, namentras que no resto ca carteria
poderíase xogar un partido de tenis.
…
e por certo, fora deste espazo, no final da carteria onde está o distrito dous,
a hora de currar o propio distrito, os compañeiros dispónense a traballar nos
seus dous casilleiros en turnos de catro para cada casilleiro, traballando
constantemente de lado.
Este
cadro organizativo fora xa denunciado no seu momento por CGT, pois infringe completamente
as normas de Saúde Laboral, mais eles (
Presidenta do Comité de Saúde , incluida) como se otorgan graciosamente a
organización do servizo, optaron y pensamos que optarán (cunhas altas dosis de soberbia) pasar de todo e impoñer este xeito de traballar, desoíndo as
voces dos que querían e queren traballar dun xeito máis holgado e práctico.
Esta
é unha tarea para Angel Perez, que
desexa que potenciar os traballos en
equipa sexan realidade na Zona Primeira, tal cál vaticinóu no Simposium
realizado en Leon hai escasas datas.
Non
convendria máis que tamén o noso Director de Zona instara a que os xefes desta cartería garantizaran tamén o bón clima laboral, abortando tódolos comentarios obscenos e insultantes , sobretodo
cando se realizan diante deles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario