Creemos oportuno adicarvos unhas crónicas que arroxarán un pouco de luz a poder observar cómo e de qué maneira os nosos xefes nos ván a impoñer ás bravas unhas novisimas normas de traballo, orientadas a sacarlle beneficio a Correos e pola contra sacarnos a saúde ós carteiros.
Procurando ser constantes, relatarémosvos o dia a dia nesta cartería , para que todos saibamos comprender a verdadeira faciana estratéxica do Centro Directivo de Correos.
Escomenzamos pois: hoxe foron as vísperas, derradeiro dia no antigo barrio. Mañán martes dia 5 de Novembro inauguramos nosos barrios. Teredes cumplida información de tal suceso.
V Í S P E R A S
Onte
foi dia de despedidas. Quen máis quen menos andivo polo seu antigo barrio de
sempre por derradeira vez.
Mais
o tempo adicado as propias lembranzas , vai ser mínimo porque hoxe xá non imos tér tempo nin a respirar, pois xá desde
primeira hora tócanos enfrontar ós novos barrios sen unha preparación previa, c
arrancando as desfeitas dos nosos xefes inmediatos e condenados a realiza-las
labores que son responsabilidade deles:
mais xá andamos afeitos a esas deixadeces, de quenes non dan para máis… si os
seus superiores lles deixan facelo, non podes recriminarlles nada, a non ser que
te gañes como resposta unha desas actitudes
prepotentes e soberbias de quenes tapan a sua incompetencia e cortedade con a
sua violencia, acompañadas por algunha frase altiva e provocadora da que ti tés as de perder si
lles replicas.
Sabemos
que onte, cando estabamos repartindo, na carteria estiveron un grupito de xefes
correndo as mesas e distribuindo espazos, pero en vez de ampliar os espazos de
carteria adicados o traballo conxunto(no
que xá de por sí o facemos bastante apelotonados) os nosos intelixentes xefes optaron por deixar os casilleiros de traballo
conxunto igual, todos xuntiños, aproveitando os espacios valeiros doutro xeito:
Separando ainda mais os espazos de
traballo individuais!!
… será unha
medida cautelar e estratéxica para que non falemos entre nós e así ternos máis controlados.
Mais o que non nos cadra é o desprecio que sinten ó deixarnos seguir realizando
o traballo conxunto tan apelotonados como sempre, habendo espacio dabondo para
podermos traballar moi cómoda e holgadamente.
Gañas de leria!!
Sexa
como for; desprecio, estratexia, ou que “o coco non lles dá para mais”; o caso é
que polos seus feitos defíníronse completamente, ate o paroxismo!!
... e como debéulles saber a pouco, tamén nos deixaron a CGT un recordo da sua andaina, obsequiándonos cunha bonita xaula diante do noso taboleiro sindical, obstaculizando a sua lectura... ( práctica común nesta cartería cara a CGT):
Mais isa conducta é sinónimo de que imos polo bó camiño. De feito, a CGT seguirá estando dia a dia con os compañeiros da UR1, publicando nestas crónicas
as simpáticas ocurrencias que vaian surdindo.
Veña, ate a vindeira!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario