martes, 5 de novembro de 2013

CRONICAS DENDE A BARRICADA DA UR1 DE A CORUÑA.- 1º dia.- Martes 5 de Novembro



PRIMEIRO DIA . MARTES 5 DE NOVEMBRO.-
 SAIDA Ó REPARTO CON POUCO SERVIZO E A MODO DE COÑECEMENTO E  PROBA

Non, non vos asustedes... nada diso nos ocurréu hoxe... mais imos por esas mesmas trazas; o querer impoñer un só ruteiro para servir a máis de 30 buzons de carteiro nun marxe de tempo excesivamente curto; porque a situación que nos deseñaron dende o Centro Directivo, avalada polos seus sindicatos firmantes e que tén todalas trazas de non voltar atrás; é dun arrase con todalas leises preventivas cara consecución dos seus fins inmediatos, que son os de impoñer polas duras ou polas bravas, a sua doctrina ideolóxica a un colectivo tremendamente desmotivado e desarmado polos seus sindicatos lamecús de CCOO, UGT, SL, CSIF e algún outro ... de" cuio nome non queremos acordarnos", como ben dicia Miguel de Cervantes.

Hoxe na UR1 de A Coruña estrenamos novas seccións de reparto. Efectivamente, Correos despois do escarmento que levaron en Vigo, recuóu un chisco ate afianzarse en oito-nove os postos a eliminar en cada carteria. Asi ven ocurrendo na Coruña ( recordade que na UR2 en Abril eliminaran nove seccions de reparto e que hai uns dias, na UR1 foron oito as que caeron), con os sindicatos mirando para outro lado e deixando facer a unha Dirección de Zona, que DELEGA na Dirección de A Coruña; que a sua vez DELEGA nos Xefes Intermedios da UR1 , e quenes a sua vez DELEGAN nos seus coleguillas de base para que os arroupen a cambio de aumentarlles pouco na sua sección de reparto, destrozando literalmente as seccións colindantes daquelas, ou mesmo alterando impunemente a orde de antiguedade do colectivo para privilexiar os seus protexidos. ( por certo, que hoxe atisbáronse entre o colectivo os seus novos dirixentes!:
- cáles son?... - A o seu tempo descubriránse, ... ás probas nos remitiremos, señor fiscal!!

Hoxe, na UR1 foi un dia tranquilo, pois a estratexia de Correos non é a de mete-los novos barrios con calzador dende o primeiro dia, senón tratar de facelo paseniñamente. Hoxe por exemplo, non veu nada. Os compañeiros levaron moi pouco a reparto, en aras de coñecer as suas novas seccións.

Asi a primeria hora, o Xefe  díxonos que só traballaramos a nosa mesa, e en contadas ocasións, o colectivo; ocupándose os xefes ( incluso os de arriba) en vixilar as xaulas que entraban, e ir tirando o servizo asegurado máis importante, para que todo saíse como agardaban.

Como correponde ós bós profesionais da UR1, os compañeiros axudáronse  entre eles, compartindo e intercambiando idieias, e botando unha mán onde fora preciso. Pensamos que esta clase de ambente é o que necesitamos si queremos conquerir colectivamente pequenos triunfos laborais. 

Os espazos deseñados pola banda de xefes que aterrara onte na Carteria da UR1 non cambiaron. Hoxe xa se viron as consecuencias: onde existen grandes espazos valeiros, nun treito da carteria vemos a seis compañeiros tirando xuntiños en dos casilleiros pegados ún o outro. Por suposto, tiraban "de canto", que parece ser a moda da xefatura... "tirar de canto"!! , ...pois os seus xefes  pensarán no fondo dese cerebelo desnutrido que teñen que :¡¡ -"nada de  deixarlles tirar holgadamente, pois poden pensar!!".

Resumindo un pouco: Os Xefes teñen medo de que lles salga mal este choio, por eso intentan enmendalo tirando o servizo asignado ós compañeiros, namentras éstes intentan facerse coa nova situación imposta.

Pechamos esta 2º Crónica cunha mensaxe ós nosos compañeiros da UR1 de A Coruña: 

-"Caros compas: non apuredes ate o derradeiro momento no reparto; cortade e vídevos para Cartería con tempo suficiente para liquidar, e entregar o sobrante". 

"Non arrisquedes. Estudade moi ben nestes dias -nos que estaredes a proba-  a vosa nova sección. Deseñade os espazos, as rutas, os traxectos, onde queredes que se vos coloquen os buzóns da ruta, ..... en fin, todo o realizable". 

"Non temades pola actitude intransixente e despreciativa  dos vosos xefes inmediatos , posto que nós , a CGT non os temos como referencia senón os Directores da Zona Primeira, en especial o novo Director, no cál agardamos dé o trato de equidade e xustiza os erros que detectedes". 

"Gañade confianza en vós mesmos. Nos ides  tér ó voso carón todolos dias doxe en diante, tal como fixéramos na UR2. Listos para axudar no que fora preciso. Vos o sabedes, posto que son anos e anos de convivencia xuntos coa CGT e non quenes todos sabedes.,,, , como sabedes que vós sodes o único importante, e a razón de ser das nosas inquedanzas."

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde