SEGUNDO DIA . MÉRCORES 6 DE NOVEMBRO.- ¿Mentiras piadosas?
Hoxe desplazámonos ás sucursales
para difundir a nosa revista mensual “O
Buzón Rebelde”, relativa ó actual mes de Novembro . Tanto nas UR3 da rua Entrepeñas como na UR2 da rua Vizcaia, aparte de que nos
preguntaron inquedos qué hai dos rumores moi extendidos da posible venta do
noso edificio de Correos da Coruña o Banco Etcheverria ( do grupo Banesto), con
o conseguinte desmantelamento de Correos da nosa cidade; informamos ós
compañeiros da actualidade da UR1, e a actitude permisiva do Centro Directivo e
da Dirección de Zona de Correos hacia as cacicadas que sempre dende que
recordamos , ocurriron entre estas catro paredes da vella carteria da Principal
de A Coruña.
O dia de hoxe na UR1 fora unha
continuación do dia de onte, se cabe con un aumento gradual e controlado de servizo , cousa
xá prevista na estratexia de “que o colectivo se vaia acostumbrando
tranquilamente á nova e tramposa
chafardeira situación chea de falsas
expectativas, irresponsabilidades, mentiras, irregularidades”; situación
anómala xá dende a elaboración das listas de méritos ate a distribución
desigual e irresponsable das ruas para
cada sección, que todos sabemos pseudodeseñadas ou en visos de alterarse a ultima
hora segundo o pedigrí do adxudicatario por parte dos seus benefactores.
Nestes vindeiros 15 dias , tanto
a xefatura local como nós , ainda que pareza imposible, parece que temos unha
reinvindicación común: que haia máis dun ruteiro ( nós, porque velamos polo servizo,
os compañeiros e o noso compañeiro ruteiro; eles para que non se lles
desestabilice o choio orquestado dende Madrid, e se lles vai ver a desfeita que
organizaron ó non tér feito coherente e responsablemente o seu traballo polo
que cobran.).
Outro dos frentes que temos , é
animar ós compañeiros afectados a reclamar unha revisión nas suas seccións ,
posto que as valoran sobredimensionadas e ideadas con unha total falta de
profesionalidade tanto pola Equipa de Dimensionamento ( si é que realmente a fixeran
eles) ou “acabada” polos interesados xefes da UR1.,
Moitos van pasar de reclamar,
unha vez coñecidos os tozudos perfiles dos seus xefes inmediatos; mais nós
pensamos que son posibles os cambios, dado que por riba de estos xefes hai
outros
( comandados polo novo director da Zona Primeira, que dí traer novos
aires) un pouco máis sensibles coas equidades das cargas de traballo, xunto con
o tratamento respetuoso que teñen que recibir en todo momento os carteiros por
parte dos seus xefes.
Agardamos que éstos se interesen
de cómo ván as cousas na UR1, e movan os responsables desta Unidade de Reparto 1 a que se se involucren e se interesen preguntando
persoa a persoa polo desenrolo das cargas de traballo en cada distrito e
nas suas propias seccións, ademáis de contarlles ós compañeiros a cruda
realidade; que unha vez pasados estos dias de proba ( eles din que son 3 meses,
nós creemos que serán un pouco máis de 15 dias), voltarán os tempos pasados de
recargos salvaxes e as movilidades espontáneas
a outras seccións.
Mais polo de agora non din nada,
só mentiras piadosas de que non vai a haber recargos de ningún tipo con estas
longas, longuísimas seccións de reparto que lles diseñaron DIRECTAMENTE , non dende a Equipa de Dimensionamento da Zona Primeira, senón ( non , non somos tontos!) dende o Centro Directivo.
Estes dende logo, o teñen
moi claro por ser algo algo obvio :
“Non lles tés porqué contar as víctimas
toda a verdade do seu futuro inmediato, se non queres que se revolten contra
ti.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario