domingo, 19 de xuño de 2011

ASEMBLEIA POR ESCRITA -1 . PRESENTACIÓN



O día 28 de xuño é o dia da votación para as eleccións sindicais. Nesa votación, os traballadores de Correos xogámonos algo máis que a nosa representación sindical para os vindeiros catro anos. Decidimos tamén quén defenderá as nosas condicións de traballo e os nosos dereitos laborais.

Todos sabemos cómo nos vai cando gañan ós de sempre e queremos recordar as actuacións do resto dos sindicatos que concurren ás eleccións sindicais perante o derradeiro ano:

Primeiro, chamóusenos á Folga Xeral en contra dunha Reforma Laboral con a que estes Sindicatos recoñeceron que os traballadores perdíamos dereitos laborais e sufríamos unha mayor precarización, á vez que se facían públicas as grandes cantidades de diñeiro que reciben estes sindicatos por parte do estado.
Despóis firmaron un acordo polo que aceptaban esta Reforma Laboral..

Segundo, tambén firmóuse unha Reforma das Pensións para o persoal laboral e está pendente a Reforma das Pensións para o persoal funcionario, polas cales tódolos traballadores xubilarémonos máis tarde e cobrando menos diñeiro.

Terceiro, ademáis se nos llamóu a varios paros parciais e a unha Folga Xeral en Correos reinvindicando, entre outros puntos, que non se aceptarían novos Convenio e cordo sen cláusula de revisión salarial de 2 puntos por riba do IPC, e que se defendería a protección do emprego en Correos.

Despóis destas promesas perante o proceso de mobilizacións, tódolos sindicatos ( agás CGT) firmaron o novo Convenio e Acordo, polo que só se recoñecen uns aumentos no CPA e Tramos do 2% . e no resto de complementos ó 0,3%, o que supón unha subida real nas retribucións de 0,3% para el persoal funcionario e do 0,5% para ol persoal laboral.
Esto quér dicer que si se manteñen os datos do IPC ( os derradeiros datos reflexan un aumento no custe da vida nun 3,8%), con a firma destes acordos perderemos máis dun 3% de poder adquisitivo, ó menos, ate o 31 de decembro de 2013. Para poñer estes datos en euros, tódolos traballadores de Correos perderemos máis de 600 euros de poder adquisitivo ó ano, o que supondría unha perda de poder adquisitivo de 2000 euros aproximadamente cada ano a partires de tres anos vista i en adiante.
Ademáis firmóuse unha subida da cantidade que os rurais perciben por gasto de combustible dun 2,3% (medio céntimo de euro), cando a subida do precio do combustible durante o periodo de vixencia do II Convenio fora superior ó 40 %. Esto máis ben parece unha burla, que a revisión real do precio do combustible que se prometera.

Tampouco, se incluira (como se prometera) ningunha medida nos novos acordos para protexer o emprego. A mediados de abril, o Ministerio de Fomento actualizaba os datos da plantilla de Correos a fecha 31-3-2011: somos 57.602 empregad@s (33.979 laborais y 23.623 funcionarios). Somos 2475 traballadores menos que fai un ano, e 4542 menos que fai dous. Todo Isto antes do traspaso de 890 funcionarios de Correos ó INSS. Esta é, por desgraza, a consolidación de emprego que existe realmente en Correos. Nembargantes, os sindicatos firmantes quérennos vender unha consolidación de emprego coa firma dos novos acordos.

Como único aspecto positivo da firma do novo Convenio e do novo Acordo Xeral, conquerimos recuperar parte do que deberíamos tér cobrado fai tempo..

En definitiva, grazas ós sindicatos firmantes da Reforma Laboral, da Reforma das Pensións e do novo Convenio e Acordo Xeral (CCOO, UGT y CSIF), os traballadores de Correos padeceremos:

- unha grane perda de poder adquisitivo, que arrastraremos ó resto da nosa vida laboral.
- unha maior precarización nas nosas condicións de traballo.
- maior inestabilidade no emprego.
- xubilarnos máis tarde e con menos diñeiro.

Si a pesar da actitude destes sindicatos, nas vindeiras eleccións sindicais, os traballadores seguímoslles elexindo coma ós nosos representantes, dita atitude non cambiará, e seguiremos perdendo salario, estabilidade no emprego e dereitos laborais.


O vindeiro 28 de xuño vai ser o dia da votación das vindeiras eleccións sindicais de Correos polo que che pedimos que reflexiones sobre todo o argumentado antes de votar.

Para ós traballadores que o desexedes, o procedemento para votar por correo é sinxelo e gratuito. Debes acudir a unha ventanilla de Correos co sobre aberto e o impreso de solicitude –no cál podes poñer como domicilio para que che remitan a documentación electoal o teu centro de traballo o a tua casa- e alí, tras comprobar que eres ti o remitente, sellaránche o impreso, ti pecharás o sobre e eles cursaránche a documentación coma envío certificado GRATIS. Despóis, a Mesa electoral váiche enviar nun certificado as papeletas e as instruccións sobre cómo has de votar.

SE NO QUERES SEGUIR PERDENDO ELIXE CGT.

Mais arestora ímosche amosa-los nosos feitos e razóns nunha ASAMBLEIA POR ESCRITO que de vagariño amosarémosche ..... siguenos....

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde