domingo, 19 de xuño de 2011
ASEMBLEIA POR ESCRITA -7 ( CONCLUSIÓN)
Pode ser que algún vos pareza que pedimos moito, mais só pedimos o xusto, o que necesitamos para traballar e para viver con dignidade.
Tal vez resulte asombroso que a estas alturas que alguén atrévase a pedi-lo xusto, cando o resto do sindicatos nos teñen acostumados á resignación, e a dar por bóns ou por inevitabeis os recortes nos nosos dereitos, as conxelacións salariais ou as perdas dos nosos postos de traballo (7000 postos de traballo perdéronse en Correos nos derradeiros 4 anos: pasamos dos 64.000 traballadores a ser 57.000 traballadores, asemade de tér aumentado a precariedade laboral de forma importantísima ó sustituir ó persoal funcionario por fixos discontinuos e a tempo parcial). Nós creemos que as cousas poden cambiar a favor dos traballadores e que para elo hai que escomenzar por cambiar a quén nos representa, para que esteamos mellor representados a partir de agora.
Todo o que temos dito deica agora, pódese resumir nunha ideia:
Si queredes que vos representen persoas apoltronadas, que fai anos ou décadas que non acuden polo traballo, que coñecen os problemas dos traballadores por referencias ( porque eles non as viven) e que están dispostos a firmarlle á empresa o que sexa a cambio de diñeiro e horas de liberación, votade ós que xá sabedes (CCOO, UGT, CSIF, Sindicato Libre). Tede ben claro, que niste senso non van a defraudarvos. Cando chegue a firma doutro convenio voltarán a firmar máis perdas de dereitos para todos a cambio de máis diñeiro para os seus dirixentres e a cambio de máis horas de liberación.
Nembargantes, si queredes que vos representen compañeiros que traballan con vós en Correos (que traballan de verdade), que cobran o mesmo que vós (porque non teñen sobresoldo), que coñecen ós problemas do traballo de primeira mán (porque os viven e os sufren) e que se van a esforzar en defende-los intereses de tódolos traballadores e non somentes os seus propios, votade a CGT, porque é a única alternativa.
O noso lema é “Ti traballas, ti decides. Vota CGT”, e a iso convidamos-vos, a que o dia 28 vaiades a votar e votedes por CGT. Sabede tambén que podedes votar presencialmente tódolos que votáchedes por correo e que é convinte que o fagades tódolos que tiñades feito cursiños con algún sindicato e lle entregárades unha fotocopia do voso carnet, porque é posible que teñan votado por vós.
Tede presente tamén tódo-los que tedes que desplazarvos para votar que, por riba do tempo que haia establecido a Xefatura, dispoñededes de TODO O TEMPO NECESARIO . A NADIE SE LLE VAI DECIR NADA PORQUE EMPLEE CINCO HORAS EN VOTAR SI ESE É O TEMPO QUE VERDADEIRAMENTE POR TANTO, O DÍA 28 TODOS A VOTAR E A VOTAR BEN.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario