domingo, 26 de xuño de 2011
E PARA PECHA-LA CAMPAÑA ELECTORAL, O DIBUXIÑO DE FERROL!!
Cecáis poderiase definir estos longos anos con esta imaxe; un panfleto deixado anónimamente xunto cun comunicado tamén anónimo no que insultaban a CCOO polas suas longas falcatruadas polas mesas da Cartería de Ferrol intres antes dunha asamblea da extinta plataforma que conformáramos contra a Lei Postal.
Nós sabemos quenes estaban detrás desta "hazaña" , mais este feito difamante non nos alporizó, senón que parecéunos simpático por vir de quén andaba daquela un tanto impotente por saberse desplazado o seu protagonismo e desnortado por colle-los có paso cambiado a constitución desta plataforma, que cuns puntos irrenunciables pactados por escrito ( e posteriormente traicionados polos CCOO, SL e CSIF coa firma do III Convenio )estabamos a combater esta NEFASTA Lei Postal, e que lográramos levantar ós traballadores do Estado da sua atrofia e motivalos e ilusionalos.
Porque si vos acordades, a CIG nesta campaña electoral para nada mencionóu a Lei Postal e moito menos co afán de criticala, despois de te-la apoiado nas Cortes Españolas na sua tramitación, apoiando o BNG ó PSOE en todo momento, agás no seu final, polo engadido do asunto das concesionarias das autovías.
Recordade que a CIG recibira como premio por este apoio a dun postiño na COMISION ESTATAL DO SECTOR POSTAL, e para difuminar o tema, intentóu vender que esta Lei apoiaba o reparto no rural, cousa imposible, como estáse a ver arestora.
Si o carteliño estaba ben dibuxado, millor estaba o globo no que dicia que "habia que encadenarse"...
Porque "o de encadenarse" o sacaron da nosa proposta de CGT nunha xuntanza da COORDINADORA GALEGA DE DELEGADOS DE CORREOS CONTRA O RECARGO celebrada en Santiago o dia 15 de Xullo de 2009, pola que propoñiamos " encadeamentos simultáneos nos centros e oficiñas máis importantes de Correos da Galiza".
Daquela, nós , a CGT sabiamos que habia que darlle continuidade á exitosa manifestación celebrada en Santiago un mes antes.
E para iso habia que ir programando actividades que elevaran a moral da nosa xente e crearan esa combatividade necesaria para eliminar o que despois se impuso ante a pasividade sindical que resultóu nos vindeiros anos: o recargo salvaxe.
Mais, como sabredes, co paso do tempo, a nosa proposta quedara en nada.
Nesa xuntanza asistíramos todos os sindicatos agás UGT ... alí estabamos a CCOO da Coruña, S Libre de Pontevedra, CSIF e USO de Lugo , CGT da Coruña, Pontevedra e Ourense e a CIG das catro provincias galegas.
E recordamos que a CIG fixera un canto a unidade de TODOLOS SINDICATOS CONTRA O RECARGO... a pesar que despóis non quixera entrar na Plataforma do G6 por "desavenencias con CCOO".
...E ista é a historia!, obvióuse todo, abandonóuse toda afán de loita por ... vai ti a saber que acordos segredos tomarían eles coa dirección de Correos!
Namentras habia que lava-la cara, e estigmatizar a CGT por ser como somos, por estar na vangarda e na loita diaria; iso créalles disgusto ... alá eles e o seu protagonismo!!
O caso, queridos compis, é que nós nunca traicionaremos uns postulados irrenunciables pactados por escrita, nin andaremos realizando comunicados e dibuxos anónimos deixados COBARDEMENTE polas mesas das Carterias, e moito menos, creando e sementando bulos e mentiras contra nadie, ou atribuirse e rentabilizar feitos e traballos asumidos colectivamente e currados con constancia tamén por CGT no seu posto de Segredariado da Xunta de Persoal.
Porque si o fixeramos, estariamos faltandovos o respeto a todos vós, que sodes o motivo e a razón da nosa loita.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario