domingo, 19 de xuño de 2011

ASEMBLEIA POR ESCRITA -2 . PREÁMBULO




O dia 28 de xuño celébranse eleccións sindicais en Correos na maior parte das provincias do Estado, entre elas a nosa. Nestas eleccións tódolos traballadores xogámonos moito: decidimos os representantes que imos tér na nosa provincia e decidimos tamén, qué peso vai a tér cada Sindicato na Mesa de Negociación de Madrid.
Por tanto, teremos que ser consecuentes: non podemos darlle un apoio maioritario ós sindicatos firmantes e logo queixarnos polo mal que fan as cousas.

Sabemos que istes sindicatos firmantes entenden que o resultado das eleccións concellerálles un cheque en blanco para facer o que queiran nos vindeiros 4 anos.

CGT preséntase a estas eleccións coa faciana ben alta: Tivemos loitado , cos medios dos que dispuxéramos na defensa das condicións laborais e salarias de todo o colectivo. Non firmamos nada negativo para os traballadores a cambio de diñeiro , como fixeron outros.


Imos a valorar agora que pasara nos derradeiros anos, que é o que fixo a CGT e que é o que imos a seguir reinvindicando no futuro:


O QUE FIXEMOS

A actuación de CGT nestes derradeiros anos caracterizóuse pola nosa presencia permanente nos centro de traballo e na loita diaria.. Tambén participamos activamente en tódalas mesas de negociación: tanto de ámbito estatal como… provincial??. Aunque, ó noso entender, cada vez queda máis claro que non existe negociación real en Correos, pois a dirección conta con sindicatos dispostos a firmarlle o que lle convén a cambio de diñeiro e de horas de liberación.
A loita para mellorar as nosas condicións de traballo colectivas levámolas a dabo de diversos xeitos:

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde