domingo, 22 de xaneiro de 2012
A SUA REPRESIÓN NOS FARÁ MÁIS GRANDES!!!
Por moito que o intenten, eiquí seguiremos.
Poden seguir difamándonos, inxuriarnos ou ningunearnos; tratarnos coma delincuentes negándonos a entrada nas oficiñas lucenses ou dando ordenes explícitas de non limparnos locais sindicais ou de mirarnos escrupulosamente o que levamos cando imos o noso local sindical da CTA de Lavacolla....xa andamos afeitos ós seus manexos.
O noso colectivo é testigo.
O que teñen que tér moi claro é que nin nos van manexar, nin chantaxear , porque , aparte de non tér con qué; nós nunca nos casamos con naide, nin onte , nin hoxe, nin mañán.
Porque temos moi clariño o que somos e o que queremos.
E na CTA de Lavacolla seguiremos, sobretodo onde eles parece ser que non queren que andemos: NA NOCTURNA.
Porque parece ser que na Nocturna é onde se cocen as fabas, non sí señores?
Por moitos locais sindicais de CGT que nos pechen...
abrirán moitos corazóns e sentimentos cara a nosa mensaxe que non é outra que a asunción do colectivo de que somos persoas libres, e que por tanto temos dereito a ser nós mesmos; a información , a dignidade, a liberdade,a solidariedade, o respeto e a saber autoorganizarnos sen que se nos meta por medio a empresa, ben rozando a nosa vida persoal e privada, intentando como intentan sutilmente ORGANIZARNOS A VIDA.
Por tanto, eles teñen dous camiños: comportarse ou non;
.. que non?
... que queren seguir como agora?
nise senso saben que nos terán enfrente. Facendo sindicalismo. Sen casarnos con naide, con a autenticidade por diante e sempre levando diante a poderosa arma dos nosos principios.
E non o decimos nós; o dí o colectivo a quen temos a honra de representar!!!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario