O Goberno do PP sigue dándolle voltas a xente que traballa nas Administracións Públicas, ben sexan funcionarios ou laborais.
O seu obxetivo está marcado: ERES , RE-ERES E REQUETE-ERES, primeiro os laborais .... e andan mirando xá o dos funcionarios... non vos esquezades que en Correos teñen como meta o ERE de 8.000 compañeiros en primeira tanda, para cargarse outros 7.000 nos vindeiros anos....
Eiquí imos falarvos de varios temas moi concretos:
O anuncio de Feijóo de funcionarizar a 6.000 contratados laborais hai que collela con todas as cautelas do mundo, aínda que a algún se lle fagan os ollos chiribitas. En primeiro lugar, queremos deixar crara a nosa postura: a CGT abogou sempre pola existencia dunha única figura de empregado púbico, desaparecendo as diferenzas entre funcionarios, laborais e outras figuras históricas que aínda sobreviven como os contratados administrativos, pero sempre atendendo a criterios e sistemas de acceso de mérito e capacidade. Na actualidade, os contratados laborais da Xunta proveñen de todo tipo de situacións: persoas que aprobaron probas selectivas, persoas que están por sentenza, persoas que foron seleccionadas a dedo, etc., e polo tanto, a norma pola que se proceda a facer a funcionarización haberá de ter en conta todas as situacións.
Por outro lado, a imprescindible modificación da Lei da Función Pública de Galicia non pode ser só para arranxar isto, senón que haberá que ver que outras medidas se pretenden incluir nela; ata o momento, as moficiacións que o goberno de Feijóo introducíu na lei no foron precisamente para mellorar aos empregados públicos, senón ao contrario: redución de días, redución de salarios nas baixas, mantemento tramposo dos privilexios salariais dos altos cargos, incremento dos postos de libre designación... Non sería estrano que Feijóo aproveitara a modificación para introducir novidades lesivas para os intereses dos funcionarios públicos baixo a medida populista de converter en laborais a 6.000 compañeiros.
O goberno está estudando meterlle man ás xubilacións anticipadas dos funcionarios, neste caso ao dereito que teñen os funcionarios de Clases Pasivas a xubilarse aos 60 anos sempre que teñan 30 anos efectivos de servizo na Administración.
É un exemplo claro da estratexia de "divide e vencerás" do goberno: primeiro se eliminan dereitos dun colectivo e, a continuación, se presentan os dereitos doutro colectivo como privilexio. Así, todos tortos. Despois da normativa sobre os EREs dos empregados públicos ven este novo ataque, un motivo máis para sumarse ao Paro Xeral do día 14. A o mesmo tento, un motivo máis para aborrecer as organizacións que continúan bicándolle os fondos ao poder e que se presentan como representantes únicos do funcionariado.
... e xa para acabar vean vostedes o bonito xesto de Hipercor de Marineda de a Coruña...
Es el caso de la familia coruñesa Vidal Pardo - Lado Castro Rial que tienen tres niños pequeños y que ayer recibió en el Hipercor de Marineda una ayuda en forma de un carro de la compra con productos de primera necesidad cedidos por empresas de la comunidad y valorada en 300 €..."
Quien es esta afortunada familia necesitada de ayuda en forma de carro de la compra con productos de primera necesidad?: La directora xeral de la Asesoría Jurídica de la Xunta y el Secretario General de la Consellería do Mar.
QUERIDA XENTE: Son moitos motivos polos que esta xente pida unha FOLGA XERAL en primeiras, e un LEVANTAMENTO XERAL en segundas e últimas chamadas :
Merecen unha resposta....
e colectivamente ímoslla dar!!!
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario