A CGT nin se vai calar nin vai negociar con estes caralláns!!
E por suposto, en Correos non nos imos achicar!!!
Na Coruña seguimos con o noso código para a fotocopiadora de uso sindical bloqueado. Seguimos con información importante secuestrada no noso Local Sindical pechado pola Empresa. Seguimos sin o regulamento oficial do Comité Provincial de Saúde Laboral pésie a telo pedido oficialmente tres veces!!!. Seguimos sin que nos actualicen o uso do local sindical compartido de Santiago. Seguimos sendo insultados impunemente pola Xefatura. Seguimos represaliados. ..
Pero tamén .... SEGUIMOS CABALGANDO!!
( por iso nos ladran!!!)
A Federación Estatal de Traballadores da Administración Pública (FETAP) da CGT decidiu impugnar xurídicamente a Instrución Conxunta da Secretaría de Estado de Administracións Públicas e da Secretaría de Estado de Presupostos e Gastos, para a aplicación do Título I do Decreto-lei 20/2012, do 13 de xullo, de Medidas para garantir a estabilidade presupostaria y de fomento da competitividade no ámbito do sector estatal. Terase en conta a supresión da paga de nadal, normativa sobre a IT, a merma de permisos e vacacións, e cantas disposicións encadradas no dito Decreto-lei atenten contra a normativa superior vixente.
Posteriormente farase a impugnación do acordo da Mesa xeral de negociación da Administración Xeral do 29 de outubro de 2012 publicado no BOE o día 14. Nel estanse conculcando gravemente a Lei Orgánica de Liberdade Sindical, o Estatuto dos Traballadores e a Lei de Prevención de Riscos Laborais, entre outras normativas.
Estas acciones legais non impiden as reclamaciónes que se realicen ante actos individuales contra calquera traballador derivados de ambas disposiciones.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario