xoves, 15 de novembro de 2012

Istes hipócritas non teñen vergoña!!





Referímonos a CC.OO., UGT, CSIF, USO e CIG, asinantes do acordo que aparece no BOE o día 14, o mesmo día que nos chamaban á loita e á Folga Xeral.

 O acordo, de momento para a Administración Xeral do Estado, xustificado para dotar de medios á representación laboral a causa do fin das liberacións consiste, fundamentalmente, na eliminación de "créditos fragmentados individualmente". 

E isto como se consegue?

 Moi fácil, eliminando comités de laborais que, ata agora, tiñan unha representación como nas empresas privadas. 

A partir deste acordo, desaparecen na práctica os Comités dos laborais dos centros de traballo, que quedan unificados provincialmente.

Qué é o que se gaña a cambio de deixar aos laborais sen represntación directa para os problemas cotiáns?

 Pois unha manchea de liberados sindicais, que tamén se indica no acordo. 

De paso, cepíllanse as centrais sindicais chamadas minoritarias, normalmente incómodas, tanto para a Administración como para os sindicatos mási representativos, sempre prestos a asinar.

Penosa actitude dos asinantes, que ceden así á chantaxe do goberno e elixen o mantemento do seu aparato a costa da representación máis directa dos traballadores.

Ningún comentario:

Voceiro da CGT Correos A Coruña

Voceiro da CGT Correos A Coruña
Buzón rebelde